Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2021. A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia rexeita o peche de camas de hospital durante o verán e insta o Sergas a acometer un «plan de choque» para reducir as listaxes de espera e os atrasos na atención por mor da covid-19. O sindicato tamén insiste na necesidade de reforzar con máis contratacións a atención primaria, porta de entrada ao sistema público. Segundo Comisións, esta problemática xa se daba antes da pandemia, pero a situación é agora «inasumible».
Desde CCOO-Sanidade afirman «non entender» que as xerencias de áreas sanitarias como a de Vigo anuncien o peche de 135 camas —que se suman ás 120 xa pechadas no Hospital Meixoeiro—, 131 a da Coruña, 128 a de Lugo, 91 a de Santiago-Barbanza, 67 a de Pontevedra e 36 a de Ferrol.
CCOO esíxelle ao Sergas que manteña operativas todas camas hospitalarias no período estival, de xeito que se poda,nalgunha medida, paliar as «inxentes listaxes de espera» que padecen as galegas e galegos. Para o sindicato, os meses de verán, nos que se reduce a actividade e se prevé tamén unha mellora dos datos epidemiolóxicos, son «axeitados» para conseguir este obxectivo.
«Necesitamos todas as camas e os quirófanos funcionando de mañá e de tarde. É o momento de que a Xunta de Galicia amose o seu compromiso coa saúde pública, reforzando os cadros de persoal coa contratación de máis profesionais para atender a demanda asistencial», apuntan desde a Federación de Sanidade de CCOO.
Os datos do Sergas actualizados a decembro do 2020 —últimos dispoñibles— cifran en 35.817 doentes a listaxe de espera estrutural. Sumando a non estrutural —que a Administración non dá a coñecer—, podería superar as sesenta mil persoas.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.