Ribadeo, 7 de xuño de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, dixo non saír do asombro despois de que o PP acusase ao goberno municipal “de andar poñendo adhesivos con bandeiras galegas nos accesos á praia das Catedrais”. Suárez Barcia considera que puideron ser os populares os que colocaran esas pegatinas “para dar que falar e crear outra nova polémica”. O rexedor subliñou que sempre foi moi coidadoso co patrimonio público “e a nosa misión é conservalo e promocionalo. Nunca fun moito de andar en algaradas” e engadiu que o seu equipo “está para traballar e non para enredar”.
O alcalde ribadense sinalou: “non saio do asombro. Agora o PP local acúsanos de andar poñendo adhesivos con bandeiras galegas nos accesos á praia das Catedrais. Eu penso que, como alcalde xa levo catorce anos, sempre fun e son moi coidadoso co patrimonio público e a nosa misión é conservalo e promocionalo. Nunca fun moito de andar en algaradas”.
Fernando Suárez manifestou que “eu máis ben penso que quen puido poñer esas bandeiras foron precisamente eles para dar que falar e crear outra nova polémica, que é o que fai o señor voceiro do PP, que parece ser que non lle dan moito choio como deputado en Santiago e polo tanto acaba enredando aquí en Ribadeo e sen non hai problemas, pois créaos e xa ten de que falar, así de simple”.
O rexedor engadiu que “eu e os meus compañeiros e as miñas compañeiras de goberno estivemos afanados, toda a fin de semana, traballando, apoiando, coordinando e colaborando cunha chea de eventos deportivos e culturais que houbo en Ribadeo, piragüismo, actividades de voluntariado medioambiental, baloncesto, etc…, que trouxeron a centos de persoas a Ribadeo e que tamén, ademais dos valores deportivos e medioambientais, serviron para apoiar o comercio e a hostalería local que abonda falta fai. Nós para iso estamos aquí, para traballar e non para enredar. E así habemos seguir”.























A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este venres o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
O sábado tivo lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



