Ribadeo, 23 de xuño de 2021. O Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz oferta para o vindeiro curso 2021-22 un ciclo dual de grao superior en Dirección de Servizos, para o que conta coa colaboración de Paradores, empresa hostaleira pública na que o alumnado fará prácticas remuneradas. Esta nova ensinanza que se poderá cursar no IES de Foz foi presentada no Parador ribadense polo director e a vicedirectora do centro educativo focense, Nicolás Asensio e Leticia Maseda, e polo director dos Paradores de Ribadeo e de Vilalba, Antonio Graña, e o xefe de sala do establecemento ribadense, Alejandro Lara.
Nicolás Asensio explicou: “estamos contentos de esta colaboración con Paradores, empresa con la que en años anteriores ya habíamos realizado prácticas e intercambios, pero a partir de ahora la consolidamos de una forma más institucional impartiendo en conjunto un ciclo superior dual. Los alumnos van a estar durante dos cursos haciendo prácticas remuneradas, desde el 15 de marzo al 31 de agosto, en el Parador de Ribadeo y en otros de Galicia. Ofertamos diez plazas para que pueda realizar prácticas todo el alumnado”.
Ademais o director do IES de Foz agradeceu a colaboración do director e do xefe de sala do Parador de Ribadeo para levar a cabo esta iniciativa e destacou que “somos el único centro de Galicia que ha firmado un convenio dual con la empresa Paradores”.
Antonio Graña amosouse “muy contento por esta colaboración entre el IES de Foz y Paradores, que es la empresa que más restaurantes tiene en Galicia: catorce. Entonces es importante que los alumnos puedan estar esos seis meses formativos en la escuela y que después tengan otros seis de prácticas en Paradores. Esto será durante los dos cursos de la formación. Para nosotros es importante porque estamos viendo que en el sector cada vez hay más intrusismo y por lo tanto es positivo incorporar a gente que ya viene con una formación reglada y que traen una base. A partir de ahí nosotros los incorporamos y durante esos 6 meses verán un poco más la realidad del día a día en cada uno de los servicios que ofrecemos: servicios de carta, de cafetería, de desayunos y de banquetes. Van a poder ir viendo cada uno de los pasos y al finalizar esta formación y el periodo de prácticas la idea es que tengan la posibilidad de hacer carrera e incorporarse profesionalmente a la cadena Paradores. Por lo tanto creo que es un proyecto de futuro bonito para todos y esperemos que tenga mucho éxito”.
Os interesados en cursar este ciclo deben presentar unha solicitude de admisión vía telemática e para resolver calquera dúbida poden contactar coa Secretaría do IES de Foz, “donde les echaremos una mano para todo lo que necesiten”, comentou Asensio. O prazo comeza este venres, día 25 de xuño.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



