Madrid, 23 de xuño de 2021. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou hoxe a solicitude de comparecencia na Comisión de Industria da Ministra Reyes Maroto e da Presidenta da SEPI, Belén Gualda, para que expliquen a posición do Goberno sobre a situación de Alcoa San Cibrao e das plantas da Coruña e Avilés e, particularmente, sobre a negativa expresada nas últimas semanas a que a SEPI se faga cargo das plantas como paso imprescindíbel para garantir proxectos industriais estábeis que aseguren a continuidade da actividade e dos postos de traballo.
O BNG considera que a situación en que se encontran as plantas non permite esperar máis e exixe de solución decididas. No caso de San Cibrao, porque se aproxima a finalización do prazo de dous meses estabelecido para a negociación e persiste a reclamación de que calquera proceso de compra-venda pase pola SEPI. Xa no caso da Coruña porque a planta se acha baixo intervención xudicial e cunha recente sentenza de aplicación do ERE que fai perigar a continuidade da actividade da factoría.
Néstor Rego considera que, neste contexto, a resistencia do Ministerio á intervención pública “é inaceptábel e irresponsábel” e reclama dar cumprimento ás dúas resolución do Congreso -impulsadas polo BNG- que instaban o Goberno á intervención pública das plantas de aluminio.
“Vista a experiencia da Coruña e Avilés e a situación de San Cibrao, fica claro que a única garantía de que a operación de compra-venda sexa exitosa e posibilite unha saída industrial duradeira e de futuro é a compra previa por parte da SEPI como ponte. É o que están reclamando os traballadores e traballadoras. Por iso non entendemos a negativa do Goberno español expresada nas últimas semanas”, sinala Rego.
Para o deputado do BNG resulta máis rechamante esta negativa tendo en conta que hai 15 se facía pública a decisión do Ministerio de Industria de financiar con cargo a un fondo de 600 millóns de euros a construción dunha nova planta de aluminio primario en Zamora. “Non nos parece de recibo que en canto o Ministerio de Industria se resiste a cumprir os compromisos estabelecidos, incluídas as resolucións do Congreso, estea en disposición de financiar con recursos públicos unha nova planta de aluminio, promovida, por certo, por un coñecido empresario con boas relacións tanto co PSOE como co PP. Primeiro que cumpran coa Mariña e coa Galiza”, resalta Néstor Rego.
O BNG quere que tanto Reyes Maroto como Belén Gualda dean explicacións no Congreso sobre as xestións que están a realizar e a opción da intervención pública para garantir a continuidade da actividade e da totalidade dos postos de traballo nas plantas de aluminio.























As actividades desenvólvense durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acollen os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.
Os Bombeiros de Vilalba excarceraron ao condutor ferido que quedou atrapado no interior do vehículo. O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 16:20 horas desta tarde. Un particular informaba a esa hora dun coche envorcado na LU-P 6501, quilómetro 40 en Rioaveso, ao seu paso por Cospeito (Lugo). Indicaba que no interior do vehículo había unha persoa ferida, consciente pero que non podía saír. Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía.Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración do ferido para posteriormente ser trasladado polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.



