Foz, 11 de xuño de 2021. Hai accións de goberno que necesariamente se repiten cada ano. Polo tanto, son accións totalmente previsibles e que a ninguén collen por sorpresa. É o caso da necesaria roza da maleza cando chega a primavera e o verán. Pois ben, o goberno municipal de Foz, presidido polo socialista Fran Cajoto, foi incapaz un ano más de programar debidamente as tarefas de roza e agora choven as críticas tanto dos propios focenses como dos visitantes. O portavoz municipal do PP, Javier Castiñeira, sinala: “Unha vez máis o grupo municipal do PP ten que facerse eco das queixas de moitos veciños e visitantes do concello de Foz, que ven como o municipio está sen desbrozar en zonas tan importantes como son as áreas recreativas vinculadas a praias ou ámbitos como o Bispo Santo; tamén os paseos e, sobre todo, a zona rural. As parroquias ven como a maleza invade as nosas estradas e tamén as da Deputación que pasan polo noso concello. Este problema dáse tamén no polígono industrial; foron moitos os usuarios do polígono que nos pediron que demandáramos do Concello que envíe persoal para rozar”.
Castiñeira di que a situación que describe “é froito dunha política de xestión lenta, que chega tarde, dun goberno contaxiado pola parsimonia do alcalde, que está prexudicando a moita xente, e danando a imaxe do noso concello”. Sinala: “A proba do que di o PP é a contratación dun vixiante medioambiental. Temos que recordar que o goberno de Foz ten dez concelleiros, tres deles asalariados e entre todos non son capaces de facer un traballo que agora teñen que contratar. Noutras épocas era o propio concelleiro o que facía de vixiante, pero parece que agora, con dez concelleiros, non chega. Vemos ben que se contrate persoal pero para traballos útiles; está vixilancia ben a pode facer perfectamente o equipo de goberno e así podería contratar a alguén para facer labores medioambientais como o que pedimos neste momento: a roza”.
Castiñeira insta “aos señores do equipo de goberno do Concello a que fagan o posible para rozar canto antes os paseos, as áreas recreativas, as parroquias e o polígono industrial”.





















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



