Trabada, 21 de xuño de 2021. O voceiro do Grupo Municipal do PP de Trabada, José María Fernández, denuncia que “estamos ás portas do verán e o Concello aínda non desbrozou nin a cuarta parte do municipio”. O popular atribúe este “desleixo” a un goberno local “ausente”, a pesares de que dous dos concelleiros teñen dedicación exclusiva, “polo que, digo eu, ben poderían atender a cuestións tan relevantes como as indicadas”.
E é que, segundo apunta, “xa non é só a imaxe que damos, é o risco que supón. A visibilidade redúcese pola invasión da maleza e, en caso de incendio, tamén provocaría a expansión das lapas”, alerta.
Dende o PP maniféstanse así moi críticos coa xestión municipal. Proba delo é que, cando gobernaban os populares, as vías municipais desbrozábanse dúas veces ao ano e, cos socialistas no Concello, “faise una vez, se se fai, e iso con moito retraso”. Fernández expón, ademais, que “esta situación é totalmente reprobable”. “O Concello dispón de dous tractores para facer estes traballos e só se está empregado un; algo que non entendemos, pois, ademais da mala xestión, non se están a empregar os recursos cos que contamos”, afirma.
Abandono da zona escolar
A falta de limpeza das estradas municipais é un claro exemplo para os populares “do desgoberno que temos”, e que se reflicte tamén no campo de fútbol escolar e nas inmediacións do colexio. “O estado no que están estas dependencias, invadidas tamén pola herba, é totalmente lamentable e evidencia, de forma indiscutible, que estamos ante os peores dirixentes que tivemos en Trabada nos últimos tempos”, conclúe.
Alcaldesa descentrada
Por todo elo, José María Fernández pídelle á alcaldesa “que se centre” e que “lle dedique algunha hora máis a Trabada. Ir á Deputación está moi ben, pero o que é unha realidade é que ten totalmente desatendido o concello”. Neste senso, dende o PP solicítanlle que ordene os trámites necesarios para acometer no menor tempo posible o desbroce e limpeza das vías e das dependencias, cuxa titularidade é da entidade local.


























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



