Riotorto, 28 de xuño de 2021. O Voceiro Socialista de Riotorto, José García anunciou que continuará coa denuncia diante do Contencioso Administrativo, tras a decisión do Alcalde de Riotorto de cortarlle a auga no seu domicilio particular situado na parroquia de Espasande de Abaixo, e que nestes intres xa esta restablecida, tras cortala o pasado xoves día 24.
O sábado (dia 26 de xuño), ás 17:00 horas un fontanero que realiza traballos como autónomo, personouse no domicilio do voceiro socialista para comunicarlle ía dar auga na vivenda, e que tamén ía instalar un contador fora da súa vivenda.
José García cualifica todo este espectáculo do PP de Riotorto “como bochornoso”, ademais de converterse “nunha auténtica persecución política, que non pode ter cabida nunha democracia. Eu estou ao corrente dos pagos n tocante ao servicio de augas. Polo tanto considero que cortar o abastecemento de auga no meu domicilio particular durante 3 dias, foi unha medida caciquil, déspota e incoherente”, insistiu.
“As veciñas e veciños de Riotorto merecen un Alcalde comprometido, serio e rigoroso, e non unha persoa que usa o despacho da Alcaldía e o seu cargo político para amedrentar a oposición política do seu Concello. Non quero que ningún veciño deste Concello pase pola situación que pasei eu estes 4 dias, sen poder ter acceso a auga na miña vivenda, polo tanto pelexarei para poñer luz e taquígrafos a esta lamentable situación”, resumiu.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



