A Fonsagrada, 10 de xuño de 2021. O municipio de A Fonsagrada precisa solo industrial. Cando, despois de anos e anos de espera, parecía que había posibilidades reais de que, por fin, saíra adiante a creación do parque empresarial, aparecen noticias preocupantes, pola relación que nalgúns ámbitos se establece entre a urbanización dos accesos e o Camiño Primitivo, declarado Patrimonio da Humanidade. O portavoz municipal do PP, José Luís Regueiro, expuxo ao portavoz provincial dos populares, Javier Castiñeira, a preocupación do seu grupo polo futuro do moi necesario polígono industrial.
Regueiro lembra que o PP sempre expresou o seu firme desexo de que A Fonsagrada teña o solo industrial que precisa. Sinala que a creación do parque empresarial xa vai con retraso, o que prexudica ao interese xeral e especialmente a aqueles empresarios que están a espera de conseguir o solo necesario para levantar as súas instalacións. O polígono industrial proxectado aparece recollido no PXOM.
Regueiro explicou ao grupo provincial do PP que A Fonsagrada non pode seguir esperando a creación de solo industrial. Por iso, quere que o grupo provincial popular se interese na Deputación por coñecer que está a facer o goberno presidido polo socialista José Tomé para, na parte que lle corresponde, avanzar na execución deste proxecto. Tamén para que os responsables provinciais digan se coñecen os problemas aos que aluden ás informacións de prensa, en relación co Camiño Primitivo, e que pensan facer ao respecto. Regueiro lembra que o de A Fonsagrada é un dos polígonos que impulsaba a agora desaparecida sociedade provincial Suplusa. O parque empresarial foi un dos argumentos electorais do PSOE nas pasadas eleccións.
Regueiro sinala: “Espero que o alcalde de A Fonsagrada, pola súa parte, fale co goberno provincial e consiga un compromiso firme do presidente, José Tomé, para solucionar o problema, se é que o hai, porque o municipio precisa solo industrial sen máis demora”.






















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



