Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2021.- Portos de Galicia fai un chamamento aos promotores de eventos e celebracións en terreos portuarios para que planifiquen en tempo e forma a súa tramitación adaptándose aos requisitos establecidos na orde reguladora destes permisos aprobada pola presidenta do ente público, Susana Lenguas, en maio de 2020. Este documento, que ten como principal obxectivo garantir a seguridade das persoas e compatibilizar todos os usos dos terreos portuarios, integrando os usos recreativos sen prexuízo para a normal operativa portuaria, está dispoñible na páxina web de Portos de Galicia, no apartado ‘Información útil’, co que tamén se pode tramitar o permiso en liña.
Ante a chegada do verán e a previsible celebración de espectáculos e eventos festivos nas dársenas de titularidade autonómica, o ente público lembra que os promotores destas actividades deben planificar a tramitación dos permisos coa marxe temporal necesaria e asumindo as indicacións que se recollen na orde. Así mesmo, sinala que existe a posibilidade de solicitar eventos programados anualmente nun único trámite. Deste xeito pódense formalizar de forma única a fianza e as garantías, o que reduce substancialmente os trámites no referente a festas patronais e outros eventos que se repiten ao longo do tempo.
A normativa clarifica a tipoloxía de eventos autorizados nas distintas zonas de solo de cada peirao para facilitar a súa organización e celebración. Con esta fin, zonifica o solo portuario segundo a súa actividade clasificándoo cun código de cores que representa o nivel de actividade allea á portuaria que pode acoller cada zona. Así mesmo relaciona expresamente aqueles eventos que poden realizarse en cada unha destas zonas, permitindo unha maior planificación e garantías para os solicitantes e promotores de eventos. Finalmente reserva espazos sen actividades de ocio público por motivos de seguridade ou respecto á operatividade do sector profesional.



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



