Mondoñedo, 18 de xuño do 2021. O BNG sacou adiante hoxe na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos a proposta de prolongar o terceiro carril de subida pola N-634 ata o enlace coa A-8 no alto da Xesta.
O deputado nacionalista no parlamento galego, Daniel Castro, defendeu a proposta e lembrou que o BNG leva desde o ano 2015 plantexando esta medida e aínda que a nivel municipal e provincial sempre se aceptou esta mellora por todos os grupos os gobernos populares e socialistas no congreso nunca se pronunciaron polo tema.
O BNG de Mondoñedo celebra tamén o acordo acadado esta mañá no parlamento.
Segundo apunta o voceiro municipal, Eloi Cabanas, esta medida fora proposta xa no concello no ano 2015 por entender que sería unha alternativa aos continuos peches da A-8 a raíz dos cales moitos transportistas decidiron desistir de empregar a autovía pola perigosidade do Fiouco e tamén polo menor consumo de combustible que supón o traxecto de 18 quilómetros pola N-634, que aínda que son dous máis ca o traxecto por autovía, o tempo é practicamente o mesmo e o aforro económico tamén é considerable.
A pesar de que a proposta de mellora da N-634 xunto coa emenda de prolongación do terceiro carril saíu adiante, o BNG pídelle ao PSOE que se poña mans á obra e non espere a ver que pasa co proceso de construción e experimentación dos prototipos antinéboa seleccionados para reducir o problema da néboa no alto do Fiouco.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



