Trátase dunha iniciativa de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, participando na campaña de ciencia cidadá “1m2 contra a basuraleza” que tivo lugar esta mañá e que consistiu na limpeza da praia de Rueta e da contorna do Río Xunco. Subministrouse todo o material necesario para levar a cabo a actividade e seguíronse rigorosamente todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19. Neste 2021, celébrase o quinto aniversario do Proxecto Libera, que, a través da mobilización cidadá, regresa aos espazos naturais para retirar todos aqueles refugallos que nunca deberon chegar aí.
Un ano máis o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, sumouse ao Proxecto LIBERA
Un ano máis o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, sumouse ao Proxecto LIBERA
Relacionado
-
O Concello de Cervo investiu máis de 200.000 euros na mellora das comunicacións da capitalidade municipal
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
A asociación Saúde Mental “A Mariña” celebra as súas vodas de prata cunha gala benéfica que terá lugar o 18 de maio en San Cibrao