Lugo, 30 de xullo de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde da Pontenova, Darío Campos, presentaron este venres nesta localidade o proxecto do novo complexo histórico-recreativo da mina Consuelo-Boulloso, que inclúe a que será unha das tirolinas máis longas de Galicia, con máis de 330 metros de lonxitude e a 50 metros de altura. A institución provincial achega 300.000€ para esta dotación, que se suma, entre outros investimentos, aos preto de 2M€ que a entidade dedica á construción do Centro de Atención de Maiores do concello, un proxecto en proceso de contratación que o Presidente e o rexedor presentaron o mes pasado.
“É unha satisfacción volver á Pontenova en tan pouco tempo para presentar proxectos tan importantes para os veciños e veciñas deste concello da Mariña e da provincia de Lugo”, subliñou José Tomé no acto de presentación da tirolina, que se celebrou xunto ao forno de Boulloso e no que tamén participaron a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, membros da Corporación municipal da Pontenova e representantes da empresa encargada da execución das obras.
“Penso que esta tirolina se vai consolidar como un referente do ocio activo e familiar na provincia, pero tamén fóra nas nosas fronteiras. Polo tanto, vai situar nun novo nivel á xa moi interesante oferta turística da Pontenova”, dixo o Presidente da Deputación na súa intervención.
José Tomé detallou que “estamos a falar dunha obra importante e singular”. Explicou que é “importante” tanto polo investimento económico, porque a Deputación de Lugo aporta 300.000€ para que este novo recurso de lecer e turístico sexa posible, e ademais cede o tramo de estrada provincial no ámbito de influencia da tirolina; e importante tamén porque “a tirolina que se instalará no complexo será das máis longas de Galicia, con máis de 330 metros de percorrido, entre a mina Consuelo e o forno de Boulloso”.
Concretou, así mesmo, que é “singular” pola súa localización, “xa que contribúe a recuperar para o ocio e o desfrute dos veciños e visitantes a ruta que facían as vagonetas con mineral das vellas minas da comarca. Deste xeito, unimos ocio e cultura, impulso do turismo e promoción da nosa historia”, afirmou Tomé Roca.
O Presidente lembrou que o turismo relacionado coa arqueoloxía industrial está experimentando un avance importante en España e en Europa. “A recuperación de vellas minas, de percorridos por ferrocarril ou de instalacións industriais dos séculos XVIII e XIX estase convertendo nunha ferramenta para dinamizar o turismo no rural ou en lugares que non están nas rutas maioritarias”, sinalou o mandatario provincial.
Ademais, evidenciou que o proxecto para instalar unha tirolina na Pontenova encaixa co modelo de turismo “sostible, de calidade e ligado ás experiencias que promovemos dende a Deputación de Lugo para toda a provincia. Un turismo non masificado, que respecta e recupera as nosas tradicións, e que pon en valor o rico e diverso patrimonio da provincia”, lembrou. Nas súas palabras tamén explicou que “o turismo é unha fonte de riqueza e de xeración de emprego para o rural, e, desta forma, contribúe a fixar poboación, e incentiva ás xeracións máis novas a desenvolver proxectos empresariais nese entorno”.
O proxecto
O complexo histórico-recreativo da mina Consuelo-Boulloso será máis que un parque de aventuras. Está pensado para que as persoas vivan unha experiencia única, con encanto, un espazo para o lecer integrado na natureza e que aproveita o legado mineiro da vila para o goce dos visitantes dende múltiples puntos de vista: cultural, deportivo, educativo e recreativo.
A tirolina recrea o antigo funicular aéreo da mina e será un elemento máis dentro dun conxunto de actividades enlazadas entre si. Agárdase que sexa unha experiencia moi atractiva e que se construirá ata 50 metros por riba do chan e terá máis de 330 metros de lonxitude, sendo unha das tirolinas máis grandes de Galicia. Atravesará o río Turia, cruzando da ladeira da mina Consuelo ata a mina do Boulloso.
A espeleoloxía, xunto co sendeirismo, tamén serán outras das actividades que se fomentará no novo complexo.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



