Compostela, 15 de xullo, 2021. O Consello da Xunta analizou hoxe un informe sobre a orde pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para o ano 2021 coas que apoiar ás organizacións de produtores pesqueiros (OPP) do sector dos produtos da pesca e da acuicultura na preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización aprobados e executados durante o pasado exercicio. Á convocatoria deste ano a Xunta destina un orzamento total de 2,9 millóns de euros.
Destas achegas, que están cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, poderán beneficiarse as organizacións de produtores pesqueiros con ámbito de actuación en Galicia, recoñecidas pola comunidade e inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros recollido na normativa que regula estas entidades.
A orde deste ano, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado martes, inclúe como novidade que a axuda financeira anual aos plans de produción e comercialización das OPP pode ser de ata o 12% do valor medio anual da produción da OPP durante os tres anos naturais anteriores á resolución da aprobación do plan. Trátase dunha porcentaxe que cuadriplica a vixente en anos anteriores froito dos cambios introducidos no FEMP para adaptarse ás dificultades derivadas da alerta sanitaria polo coronavirus e co obxectivo de impulsar a actividade do sector marítimo-pesqueiro.
Esta liña de apoio aos plans de produción e comercialización das OPP ten como obxecto subvencionar os investimentos realizados durante o período de execución do plan así como os derivados da preparación do mesmo. Entre os gastos susceptibles de contar con achegas inclúense os de persoal, material, equipamentos ou desprazamentos vencellados co desenvolvemento do plan.
Os interesados en solicitar as axudas poden consultar os requisitos e a documentación necesarios na orde que publicou o DOG o pasado martes. Para esta convocatoria o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado desde onte. A presentación das solicitudes realizarase por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
As organizacións de produtores
O marco normativo europeo actual reforza as actividades das organizacións profesionais da pesca e da acuicultura e facilita a axuda financeira necesaria para que poidan desempeñar un cometido máis importante na xestión da pesca, exercendo as súas actividades pesqueiras e da acuicultura de forma sustentable e mellorando a comercialización dos produtos.
Os seus plans de produción e comercialización inclúen, entre outros aspectos, o programa de produción para as especies capturadas, a estratexia para adaptar a cantidade, calidade e presentación da oferta ás exixencias do mercado e medidas preventivas especiais de adaptación da oferta para as especies que presentan dificultades de comercialización durante o ano.
As actuacións previstas nos plans de produción e comercialización pretenden impulsar a actividade do sector e o seu desenvolvemento, o que contribúe a xerar emprego e riqueza no ámbito de actuación das organizacións de produtores pesqueiros e redunda en beneficio do conxunto da economía galega. Desde o ano 2016 a Xunta leva investidos máis de 6,2 millóns de euros en apoiar a preparación e execución dos plans de produción e comercialización das OPP de Galicia.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



