Lugo, 20 de xullo de 2021. A parlamentaria do BNG, Carme Aira, propuxo mudar a política que está a aplicar o goberno da Xunta de Galiza en materia sanitaria. Aira explicou que “desde o BNG defendemos que a mellor maneira de saír da crise sanitaria é dotando ao sistema público de saúde con recursos materiais e humanos, especialmente na atención primaria”. A parlamentaria do BNG defendeu que “é preciso dar a volta ás políticas aplicadas nos últimos anos, cunha precariedade no Servizo Galego de Saúde que, durante o ano de pandemia non fixo máis que aumentar “.
Para Carme Aira, “nos centros de saúde da contorna de Lugo pode chegar a faltar o 60% do persoal médico, como está a acontecer en Castro de Rei, reducindo as consultas ás urxencias, o que provoca un déficit asistencial de cara á veciñanza, que ten que pasar por lista de espera para conseguir unha cita na atención primaria”. Estas faltas de persoal tamén destacan no persoal de enfermería, o que produce, segundo Carme Aira “que as traballadoras e traballadores non poidan darlle unha atención axeitada ás usuarias”.
O BNG propón garantir a atención primaria presencial a toda a poboación galega, ”unha atención primaria de calidade”, segundo explicou Carme Aira. O BNG defende blindar a atención primaria e garantir a que todas as persoas que o precisen poidan asistir a unha consulta médica. O BNG pedirá tamén protocolos claros para finalizar coas discriminacións e desigualdades que se veñen detectando na atención desde o inicio da pandemia. Carme Aira defendeu que “a atención recibida ten que ser segura e de calidade, non ten que depender de a que centro de saúde ou con que profesional se atope unha persoa”.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



