Ribadeo, 8 de xullo de 2021. Esta fin de semana haberá cine e teatro na rúa en Ribadeo. Trátase dunha proposta cultural denominada Emigración. Cultura de partida, culturas de destino, que foi presentada pola concelleira de Cultura, Pilar Otero.
A edil ribadense explicou que “esta fin de semana temos unha proposta cultural co título Emigración. Cultura de partida, culturas de destino. Venres, sábado e domingo ás 22.30 horas no Teatro de Ribadeo botaremos unha ollada cinematográfica a tres países que foron obxecto de destino de migracións de galegos e galegas, por razóns económicas unhas delas ou formando parte do exército outras”.
Pilar Otero contou que “comezamos o venres con Cuba e Guantanamera, unha película dirixida por Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tubío, seguimos o sábado con México e Roma, de Alfonso Cuarón e rematamos o domingo con Os últimos de Filipinas, de Salvador Calvo”.
A concelleira de Cultura sinalou que “cunha visión máis centrada en Galiza como punto de partida están as pezas de teatro de rúa que terán lugan o sábado de 20.30 a 22.00 horas (coas compañías Thelusers, La familia Trivilorio e Palazón) e o domingo de 12.00 a 13.30 horas con Teatro Social Nómada e Luar Sílex y El Último Cromañón). Trátase dun percorrido teatral por cinco puntos de Ribadeo, formando grupos de público guiados por ciceronas. Este proxecto teatral sae do maxín e do traballo do colectivo As Vacas Fracas e para participar é preciso reservar praza no seguinte correo electrónico: asvacasfracas@gmail.com”.
Otero Cabarcos dixo que “a maiores temos dúas citas arredor de publicacións. O sábado ás 19.30 preséntase, promovido pola Concellaría de Turismo, o fotolibro de Iván Torres Hernández Espazos de ultramar e inaugúrase a exposición vinculada a el De ida e volta. Todo isto na oficina de Turismo”.
E engadiu: “por outra banda, recuperamos como espazo para a presentación de libros o primeiro andar da casa do Viejo Pancho, sede ademais da Concellaría de Cultura. Tamén o sábado, mais ás 20.00 horas, poderemos escoitar a Xosé Isidro Fernández, autor de Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo, unha obra na que tamén hai capítulos dedicados a Ribadeo”.
Pilar Otero anima a participar nesta proposta cultural do 9 ao 11 de xullo en Ribadeo.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



