Burela, 31 de xullo de 2021. O Concello de Burela asinará un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela, a través da Escola Politécnica Superior de Lugo, co obxectivo de desenvolver determinados proxectos relacionados co medio ambiente, coa ecoloxía e coa sostenibilidade. Nas últimas horas tivo lugar un encontro entre representantes do Concello de Burela e da USC, segundo deu a coñecer o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor contou que “foi un día moi positivo e realmente motivador para executar proxectos que sexan importantes para o noso concello. Tivemos a visita de Rosa Mosquera, de Antonio Regueiro, de Xabier Santiago coa compañía de Toñi Eijo, concelleira de Medio Ambiente, Xacobe Casado, que é o funcionario técnico de Medio Ambiente e Cristian Pérez, que é un becario que estivo facendo aquí prácticas relacionadas co medio ambiente. Foi unha representación da Universidade de Santiago de Compostela, a través do Campus de Lugo, e sobre todo pertencentes á Escola Politécnica Superior de Lugo. Xa é a terceira ou cuarta conversa que temos e o que queremos facer desde o Concello de Burela é establecer un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a través da Politécnica de Lugo, para levar adiante proxectos importantes en cuestión de medio ambiente, relacionados coa ecoloxía e coa sostenibilidade, dado que nosoutros, como Concello, estamos metidos en temas como o Concello polo clima e pola enerxía e queremos desenvolver iniciativas que melloren as condicións ambientais e sanitarias no noso concello”.
Alfredo Llanos subliñou que “por iso nos parece tan importante esta colaboración que imos establecer coa Universidade de Santiago. Hoxe tivemos conversas nas que estivemos vendo todo o que pode ser importante para implicar proxectos determinados relacionados co medio ambiente, coa ecoloxía e coa sostenibilidade. Penso que levan unha boa impresión do noso concello, da diversidade de temas que temos aquí tanto de mar como de terra e de todos aqueles proxectos que queremos levar para adiante. Creo que é moi interesante porque a Universidade ten moita relación con proxectos europeos que nos veñen ben en temas de desenvolvemento, contidos e axudas para que nosoutros poidamos aplicalos en moitos aspectos, pero todos eles relacionados coa ecoloxía e co medio ambiente, e sobre todo coa sostenibilidade e cunha presentación do Concello de Burela en temas importantes para a saúde, o medio ambiente e a convivencia, vendo como combater problemas que hoxe están á orde do día como o cambio climático e buscando solucións desde o ámbito local para amplialo ao universal”.
O alcalde engadiu que “foi a primeira das visitas que fan a Burela e penso que quedaron contentos co que aquí se está traballando e co que se pretende. Esperamos compartir esta corresponsabilidade e estas iniciativas con eles. Imos ter outra conversa para asinar o convenio, en poucos días, e imos tratar xa de aplicar este convenio a un dos proxectos que queremos levar adiante. Son varios, pero eu quero concretar polo menos un ou dos que realmente se vaian facer xa a partir deste ano e desenvolvelos cara ao 2022. Temos na mesa e na mente varios proxectos que realmente consideramos que poden ser moi importantes de forma transversal e global para o noso concello de Burela”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



