Viveiro, 4 de xullo de 2021. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada do delegado territorial da Xunta, Javier Arias, mantivo unha reunión de traballo con distintos cargos institucionais e orgánicos da Mariña, como a presidenta provincial, Elena Candia; os alcaldes de O Vicedo e Xove, Jesús Novo e Demetrio Salgueiro, respectivamente; os deputados autonómicos, José Manuel Balseiro e Daniel Vega; o voceiro popular en Viveiro, Óscar Rodríguez; e o voceiro do Grupo Provincial do PP, Javier Castiñeira; para trasladarlles en primeira persoa o investimento que prevé executar a Xunta de Galicia para mellorar a conexión de Lugo e a Terra Chá con Viveiro. Trátase de 12 millóns de euros cos que se acondicionarán 34 quilómetros desta importante vía de comunicación, a LU-540, máis coñecida como a estrada da Gañidoira.
Os populares agradecen “a sensibilidade” do Goberno galego, pois “é unha actuación que beneficiará aos veciños de 8 concellos das comarcas chairega e da Mariña Occidental, é dicir, de Vilalba, Xermade, Muras, Ourol, Xove, O Vicedo, Cervo e, por suposto, de Viveiro”, manifestan.
Os traballos, cuxas expropiacións darán comezo nos vindeiros días, inclúen a reforma dalgunhas interseccións e de varias partes do trazado, a sinalización horizontal e vertical e a reparación do firme. Darán continuidade a outras actuacións levadas a cabo nos últimos anos polo Executivo de Feijóo.
Resposta do Goberno central
A aposta do departamento que dirixe Ethel Vázquez é “extraordinariamente importante”, segundo avanzan dende o PP, pois “estamos a falar de que é unha das arterias principais da provincia, ao vertebrar dúas das comarcas máis extensas tanto en superficie como en poboación”. Por iso, dende o PP agardan que o Goberno central resposte á petición do Goberno autonómico de financiar este proxecto con fondos do Plan europeo de recuperación.
“O compromiso da Xunta é indiscutible; o de Pedro Sánchez, como soe acontecer con todo o que ten que ver coas infraestruturas da provincia e, dun xeito específico coas da Mariña, ou é cativo ou non existe. Basta con ver a A-74, que continúa metida no caixón do ministerio. Pedimos aos representantes do PSOE en Madrid que se dirixan ao seu presidente, xa que é preciso que clarifique a cuestión que lle demandan dende a consellería”, insisten.





















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



