Foz, 9 de xullo, 2021. O Departamento de Medio Ambiente e Medio Rural do Concello de Foz apostou firmemente po la compostaxe como parte da solución para contribuir a reducción da pegada medioambiental. Por iso o pasado mes de xuño o noso Concello iniciou a compostaxe comunitaria que está a ser xa un dos eixos de funcionamento da Delegación de medio Ambiente. As accións levadas durante estes dous anos a prol da compostaxe inclúen entrega de mais de 150 composteiros individuais en todalas parroquias, (pendentes de ampliar por ter acadado notable interese e atoparse veciñxs en lista de agarda), campañas de sensibilización entre a poboación, formación de dúas traballadoras municipais no programa “Mestres Composteiros” e inicio da Compostaxe comunitaria con 9 familias participando na proba piloto de Costa do Castro.
Facilitáronse neste proceso tamén composteiros ao CEIP O Cantel, ao CEIP Fondo Nois, e IES de Foz asi como ao Colexio do Pilar e agardamos que o vindeiro curso escolar poda iniciarse o seu uso nos centros de ensino, cerne do futuro da reciclaxe coa sensibilización das futuras persoas usuarias.
En todo o proceso realizáronse achegas para o material para facer, delimitar e sinalizar a zona de compostaxe. así como o soporte de formación para usuarixs e seguimento de bo uso por parte dunha empresa, tanto dos individuais, como os dos colexios e a zona comunitaria cun Proxecto subvencionado ao abeiro das axudas cofinanciadas pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Actualmente estase á espera dunha trituradora de podas para fornecer de material estructurante aos usuarios da zona comunitaria, pecharíase así o ciclo de reutilización tamén de poda.
Agardamos dar continuidade a un proxecto de futuro para unha mellor xestión do lixo, un proceso limpo, ecolóxico, que fará que os centos de kilos de materia orgánica que xeramos en cada casa nun ano, evitemos que pasen ao camión do lixo; non van ir en tren ou camión a Sogama, e non se van incinerar. Polo tanto eses residuos non van producir contaminación no país e vanse aproveitar para xerar enriquecemento do solo. En suma estamos falando so de ventaxas, ista é a filosofía esencial da compostaxe doméstica e comunitaria.
A zona comunitaria comezou a funcionar o 11 de xuño, na foto parte dxs participantes da iniciativa e a técnico que deu a formación.






















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



