Lugo, 9 de xullo de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presidirá a Xunta Reitora do centro asociado da UNED de Lugo os vindeiros dous anos. Unha decisión que se acordou este venres pola mañá nunha sesión ordinaria que celebrou a Xunta Reitora -ata o de agora presidida pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez- que se celebrou na sede que a universidade a distancia ten na cidade lucense.
Nesta sesión, ademais de acordar o cambio da presidencia, que é un cargo rotatorio, tamén se lle deu o visto bo aos Orzamentos desta entidade educativa para o 2022, que ascenden a preto de 955.000€ para o centro de Lugo e as aulas de Monforte de Lemos, Viveiro e Foz.
Así mesmo, a Directora da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira, deu conta das actividades que se celebraron ao longo deste pasado curso, no que notaron un aumento da matrícula. No caso dos estudos regrados chegouse ao teito histórico de 1.300 alumnos que se inscribiron nalgunha das opcións educativas no curso 2020-2021. Celebráronse 112 actividades de extensión universitaria nas que participaron máis de 5.000 alumnos e alumnas.
Os membros da Xunta Reitora tamén coñeceron a memoria de liquidación do pasado exercicio e avaliaron as iniciativas que se puxeron en marcha ou que continúan desenvolvéndose, como é o caso de Lugo cultura dixital ou UNED Lugo NaturalMente, que inciden en aspectos vencellados coa optimización de recursos e o coidado do medio ambiente e o impacto do cambio climático.
Convenio Lugo cultura dixital
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Directora da Universidade Nacional de Educación a Distancia de Lugo (UNED) de Lugo, Ana Belén Traseira, asinaron tamén este venres un convenio de colaboración para continuar co proxecto Lugo Cultura Dixital, que ten como obxectivo a difusión da cultura da provincia, a promoción do asociacionismo, o impulso da inclusión e a alfabetización dixital, e a divulgación dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.
A institución provincial destina 25.000€ para financiar as actividades que se organizan no marco desta iniciativa, que se vén desenvolvendo dende o ano 2014. Entre elas, destaca a creación de contidos culturais propias coa colaboración por parte das asociacións e institucións. Tamén a creación de traballos editoriais en formato dixital para obras lucenses, artigos de investigación e divulgativos ou a creación dun novo número da revista dixital Muralla Aberta, que ademais de artigos inclúe os accións que realiza a UNED Senior en Lugo, Viveiro, Foz, Monforte de Lemos e Sarria.
Outro das accións importantes que se realizan é o mantemento e potenciación da web lugoculturadixital.es para seguir xestionando as programacións e contidos dixitais que poidan xerarse nos colectivos do territorio. Así mesmo, continuarase coa difusión e mantemento do espazo audiovisual en Cadea Campus, unha rede social da UNED que conta con máis de 30 millóns de visitas e preto de 374 usuarios e usuarias.
A Deputación de Lugo mantén un firme compromiso de colaboración coa UNED dende hai anos. A institución provincial financiou a construción da sede deste centro en Lugo, deixando de ser a única capital galega na que a Universidade a Distancia non tiña centro físico, e tamén axudou á súa consolidación, pois a día de hoxe inclúe 22 ofertas de titulacións de grao.
A institución provincial colabora cunha achega total de preto de 300.000 euros anuais coa Universidade de Educación a Distancia para gastos derivados do centro lucense e a posta en marcha de diferentes proxectos cos que o seu alumnado pode ampliar a formación. En conxunto, a Deputación apoia o ensino superior na provincia cunha aportación que ronda o millón de euros, entre a colaboración coa USC e da UNED a través de diversas vías.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



