Viveiro, 24 de xullo de 2021. O Concello de Viveiro aprobou en pleno adherirse ao novo fondo de impulso económico do goberno central, unha iniciativa planificada para que as administracións locais manteñan os seus servizos sen necesidade de subir taxas e impostos.
A medida aprobouse cos votos a favor de PSOE, Por Viveiro e o concelleiro non adscrito Luis Manuel, e a abstención de PP e BNG. Desta forma, o concello pode seguir amortizando débeda pero obtén facilidades adicionais para o seu pago, co obxectivo de manter os servizos nestes tempos complicados de pandemia.
Estes fondos puxéronse en marcha na época de Mariano Rajoy como presidente do goberno, manténdose co actual goberno de Pedro Sánchez, facilitando o pago das débedas municipais.
“Son ferramentas e fondos que as administracións poñen a disposición dos concellos e temos que solicitar, xa que asumimos moitas competencias impropias e queremos manter os servizos sen aumentar a presión fiscal”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Nesta nova convocatoria, os concellos tiñan de prazo entre o 15 e o 27 de xullo para realizar as súas correspondentes solicitudes, que debían ser aprobadas polo pleno da Corporación Municipal.
Co anterior contrato de préstamo vixente, o concello tiña que amortizar en 2022 1,3 millóns de euros, mentres que con esta nova adhesión pagará 500.000 euros, dispoñendo polo tanto de máis recursos para servizos e necesidades.
O goberno municipal de Viveiro cumpre cos seus compromisos cos préstamos concedidos, e proba delo e que dende o exercicio 2014, no que tiña un saldo en préstamos de 13,7 millóns de euros, amortizou preto de 4,5 millóns, para rematar ao peche do exercicio 2021 con 9,3 millóns de euros. Na actualidade amortiza anualmente 373.611,11 euros.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



