Compostela, 5 de xullo, 2021. Segundo o informe emitido pola organización ecoloxista respecto as análese de DBO5 en 2020 houbo 18 que rexistraron Non conformidades e delas 9 o fixeron moitas máis veces do permitido. Non cumpriron as estacións de Cee-Corcubión, Arcade, Touro, Burela, Foz, Pontecaldelas, Os Praceres (Pontevedra), Botos (Lalín), Río Lea (Castro de Rei), Camboa (Soutomaior) e Maceda. Destaca sobre todo a EDAR de Castro de Rei que non pasou ningunha das 12 análises anuais, Foz con 7 non conformidades de DBO 5 e Pontecaldelas con 6. A maior parte destas EDAR (salvo a de Touro) están infradimensionadas, atendendo a unha poboación equivalente maior da que poden tratar con facilidade.
Respecto as mostraxes de DQO foron 19 EDARs as que rexistraron Non conformidades sendo a parte da estación de Os Praceres, as de Muxia con 10 e Río Lea (Castro de Rei) tamén con 10 as máis incumpridoras. De entre a 10 depuradoras con límites para nutrientes, a de Sarria que tamén está infradimensionada, incumpriu por exceso de Nitróxeno.
Con todo, sinalan, o caso máis problemático é a EDAR de Placeres, que trata as augas de Pontevedra, que só en 2020 tivo 22 incumprimentos de DBO5, 15 de DQO así como niveis medios de Nt e Pt moi por encima do límite : 22 mg/l e 3,07 mg/l cando o máximo estipulado neste caso é 10 e 1 mg/L respectivamente.
Comparando coas análises de 2019, a situación era similar en Placeres e Sarria. Outras 14 depuradoras sobrepasaron o número de análises non conformes, destacando Rianxo, Burela, Foz e Cee-Corcubión. No caso de Rianxo a depuradora tamén é moito menor do necesario (posiblemente pola carga contaminante xerada nas conserveiras) cunha capacidade de só 9 000 Heq fronte os 20.000 necesarios.
Desde Ecoloxistas en Acción lembran que a maioría das EDARs deficientes arrastran un longo histórico de non conformidades sen que as administracións competentes local e autonómica leven a cabo as actuacións necesarias para remediarlo. A EDAR de Placeres é a máis problemática de todo o territorio Galego, xa que combina incumprimentos constantes cun gran volume de auga a tratar. Inda que nón é a fonte do problema, debe salientarse as consideración da Ría de Pontevedra como zona sensible (a diferencia das outras rías baixas) é un pouco arbitraria.
Por outra parte, denuncian que aínda que carécese de datos estadísticos das verteduras por aliviaderos, é necesario mencionar esta importante fonte de contaminación sistémica. En Galicia a inmensa maioría dos colectores de augas de refugallo carecen de separativa de pluviais, esta situación provoca que as chuvias intensas colapsen o sistema de saneamento das vilas e os rebosaderos alivien ao mar, río ou ecosistema no que vertan. Outra fonte de desbordamento do sistema de saneamento das vilas e que provoca ano tras ano graves verteduras é a presión demográfica pola afluencia descontrolada de turismo. Así as zonas aledañas aos aliviaderos presentan elevados niveis de contaminación e eutrofización.
Débese considerar que non só as ARU son as que xeran afección. A contaminación difusa procedente de producións agrícolas litorais, achega por acuíferos contaminados por nutrientes, contaminación por leitos fluviais con contaminación orgánica, achegas industriais ou a contaminación por instalacións de acuicultura, acaban incorporando materia orgánica e/ou nutrientes ao mar.
“O estado español ten un triste historial de sancións por parte de Unión Europea por incumprir os requerimentos de depuración de augas residuais e aínda que se deron pasos para subsanar as verteduras, pero estamos moi lonxe de cumprir globalmente a normativa europea e deixar de contaminar o medio ambiente”- resalta Raúl Cerviño voceiro de Ecoloxistas en Acción e redactor do informe.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



