Ribadeo, 5 de xullo de 2021. O parque de San Francisco acolleu esta mañá a presentación de Ribadeo, prepara o teu camiño, un catálogo interactivo de produtos e servizos para o peregrino no que participan medio cento de empresas locais. No acto compareceron o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso. E asistiron representantes das firmas adheridas, que se converten en Establecementos amigables co peregrino. Grazas ás novas tecnoloxías os camiñantes poderán selar as súas credenciais cos seus dispositivos móbiles.
Vizoso Galdo explicou que “este proxecto, que naceu hai uns meses promovido polo Concello e que lle puxemos como denominación Ribadeo, prepara o teu Camiño, hoxe ve oficialmente a luz, despois de moitas horas de traballo, vicisitudes e as complicacións dos últimos meses, que todos coñecedes”.
O edil ribadense lembrou que “forma parte doutro proxecto tamén desenvolto polo Concello, o obradoiro Ribadeo Alén do Camiño, e nace cando nos paramos na Concellería de Turismo a analizar o que podemos considerar unhas evidencias: en primeiro lugar que o Xacobeo 2021, ampliado ao 2022, ía constituír unha oportunidade marabillosa e excepcional, de gran repercusión internacional, para poñer en valor as nosas costumes, a nosa forma de ser, a nosa paisaxe, pero tamén o noso bo saber e o noso oficio; a segunda evidencia era que o Camiño Norte a Santiago, que foi declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade hai uns anos, ten en Ribadeo un dos puntos significativos do seu percorrido porque Ribadeo é a porta norte desde camiño, é a entrada en Galicia do Camiño do Norte cara a Compostela; a terceira evidencia é que se trata dun camiño en crecemento constante porque esta ruta é a terceira en importancia, tanto só por detrás do Camiño Francés e do Camiño Portugués; e a cuarta evidencia é que o perfil do peregrino actual correspóndese co dunha persoa que cada utiliza máis internet, as novas tecnoloxías, para consultar e buscar datos sobre o Camiño e para preparar e organizar o seu itinerario. Por iso sabíamos que había que estar nese ámbito, en internet e nas novas tecnoloxías, dar a información directa e especial que busca o peregrino nunha web ben posicionada”.
O concelleiro de Turismo dixo: “e todo isto había que facelo dunha maneira singular, dunha forma diferente, situando como protagonista principal ao peregrino, que o é, pero tamén contando con que cada un dos vosos establecementos, no número maior posible, sexades tamén os protagonistas deste proxecto. E isto ten unha tripla finalidade: en primeiro lugar desenvolver unha serie de produtos e servizos pensados especificamente para o peregrino; potenciar a imaxe de Ribadeo como punto de inicio do Camiño; e a terceira, desenvolver un modelo de xestión sostible cos valores do Camiño de Santiago e da figura do peregrino e que iso funcionase todo como un eixo vertebrador, como núcleo central, de todo ese proceso de deseño e de concentración dos produtos especiais”.
Pablo Vizoso subliñou que “con ese fin creamos un catálogo denominado Ribadeo prepara o teu Camiño, que é interactivo, accesible a través dun sistema web, onde aparece información detallada de cada un dos establecementos, os datos de contacto, os produtos que ofrecen e tamén información moi particularizada desa gama de produtos específicos e pensados especialmente para o peregrino. En definitiva o que lles estamos transmitindo aos peregrinos que escollen o Camiño Norte é que aquí, en Ribadeo, van poder atopar todo canto necesitan, ou ben para iniciar o camiño e tamén para aqueles que non nos escollen como inicio, pero estamos convidándoos dalgunha maneira para que pasen e prolonguen a súa estadía en Ribadeo e que desfruten dunha gama completísima de servizos que entre todos lles ides ofrecer. E iso complementado por unha oferta gastronómica de enorme calidade e unha importantísima infraestrutura de aloxamentos de diferente tipo”.
O concelleiro de Turismo e Desenvolvemento Local seguiu a relatar que “hoxe este catálogo conta xa con case medio cento de participantes, pero non é un proxecto pechado. Todo o contrario, é un proxecto aberto co que o Concello pretende ir periodicamente actualizando os datos e incorporando novos participantes, novos establecementos adheridos. Outro dos obxectivos deste proxecto é que implantedes nos vosos establecementos un distintivo que denominamos Establecemento amigable co peregrino porque, ademais de facilitarlle as cousas ao peregrino a nivel informativo, trasládase unha imaxe de mellor identificación de Ribadeo cun entorno confiable e que respecta os valores do Camiño de Santiago. E por último neste proxecto tamén se inclúe un selo individualizado para cada un dos vosos establecementos, que lle permitirá ao peregrino selar a súa credencial de forma cómoda e áxil e, sobre todo, vainos permitir en conxunto prestarlle un mellor servizo e información”.
O alcalde, Fernando Súarez, manifestou que “estamos afanados en seguir dando a coñecer o noso concello e a nosa comarca, loxicamente. Pretendemos vender o mellor de nós, que temos moito. Hoxe estamos aquí polo Camiño de Santiago, mañá estaremos por outras cousas porque Ribadeo ten moito que vender e é un punto obrigado de chegada, de partida, de paso e de encontro, iso por riba de todo”.
O rexedor destacou que “quixemos utilizar a potencia das novas tecnoloxías para darlle unha volta e facelo máis atractivo para o peregrino. Estamos aproveitando o bo facer dun obradoiro, que funciona de maneira marabillosa, con xente cualificada e capacitada, que aparte de traballar para formarse estannos axudando nun proxecto complexo e que vai durar moito máis aló que o propio obradoiro.
Quixemos aproveitar as novas tecnoloxías para poder facer o que ata agora era unha quimera. Cando un peregrino chegaba a un concello tiña que asinar o selo para conseguir a Compostela en Santiago: ou tiña que ir á casa do cura ou a un determinado sitio, como a igrexa, etcétera. Agora vamos dar un cambio notable porque vosoutros, como hospitaleiros, podedes ter á vosa disposición no voso establecemento para que alguén cun código QR e un móbil, que todo o mundo ten, á unha da tarde ou ás cinco da mañá poida dicir eu marco aquí e xa quedei cumprido e acreditarei cando chegue a Santiago que polo menos por Ribadeo pasei. Iso é algo que ata hai moi pouco tempo non se podía facer e agora pódese por moitas cousas: polas persoas do obradoiro e porque vosoutros tamén vos implicades pois, como dicía Pablo, é unha honra empezar este proxecto aberto, vivo e que seguramente se vai ir mellorando e complementando, con medio cento de hostaleiros e comerciantes que apostan por esta cuestión”.
Para Fernando Suárez “é algo práctico que contribúe a ir facendo un sumatorio: o voso bo servizo e as posibilidades tecnolóxicas para seguir dando a coñecer o noso concello. Penso que esta iniciativa pioneira, polo menos na comarca, seguramente vai ter moita incidencia”.





















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



