Lugo, 05 de xullo de 2021. O grupo provincial do PP, no marco do seu labor como oposición, non está disposto a tolerar os exercicios de opacidade nos que con frecuencia incorre o bigoberno (PSOE-BNG) provincial, presidido polo socialista José Tomé. Por iso acudiu á Valedora do Pobo en relación co Plan Impulsa Lugo. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “O grupo provincial do PP volve pedir o expediente do Plan Impulsa Lugo, logo de que a Valedora do Pobo lle dera a razón na súa queixa. Naquel momento o bipartito presentou un Plan Impulsa de reactivación no que anunciaba sete millóns de euros en diferentes accións, pero non foi capaz de presentar á oposición que o solicitou formalmente”.
Castiñeira declara: “Di a Valedora do Pobo que a Deputación debe dar o acceso que pide o PP ao plan. Expón que ademais debe ter obxectivos concretos, actividades, medios e tempos para a súa consecución; o seu grado de cumprimento e resultado deben ser obxectivo de avaliación periódica, xunto cunha valoración”. O portavoz popular explica: “Todo isto, segundo comunicou inicialmente o bipartito ao Partido Popular non existía, non había plan e só eran medidas políticas; medidas, hai que dicir, con altas doses de propaganda despois terse demostrada a nula xestión do goberno provincial para a reactivación económica da provincia”. Os populares destacan que o bipartito “non foi capaz nin de elaborar un plan de axudas, como pedía o PP, para pemes e autónomos afectados; ao contrario, despois de moitas presións, prometeron o 1% dos orzamentos, que a día de hoxe, aínda non cumpriron”.
Castiñeira manifesta: “Imos ver agora como se amaña o bipartito para entregar á oposición un plan que aseguraron non ter. Ao final acabarán dando a razón ao PP, que os tachou de improvisadores políticos. En todo caso, sería un plan engordado con accións xa existentes antes da crise, como era o Lugo termal, as viaxes en catamarán e mesmo as subvencións a colectivos e asociacións, que son o que conforman o groso dos sete millóns de euros anunciados polo bipartito”.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



