Santiago de Compostela, 6 de Xullo 2021. A portavoz nacional, Ana Pontón, participou en Vigo na campaña de recollida de sinaturas en contra da subida da factura da luz que o BNG está desenvolvendo por todo o País, e aproveitou para insistir na proposta dunha tarifa eléctrica galega que lle permita a familias e empresas beneficiarse de ser Galiza exportadora de electricidade.
“Rebaixar a factura da luz é o maior incentivo fiscal que podemos ter para que se instalen empresas e haxa oportunidades e ter un prezo da luz máis baixo non só é posible senón xusto tendo en conta que somos un País rico en electricidade”, explicou, “pero asumimos os custes ambientais e sociais sen ningún beneficio”. Ao contrario, Galiza mesmo chegou a pagar a factura máis cara polo feito de que as eléctricas repercutiron sobre o consumidor os imposto por contaminación aprobado polo Goberno de Feixóo.
Unha tarifa eléctrica galega diferenciada, indicou Pontón, como existe en moitos países europeos, como Noruega, Suecia, Dinamarca ou Reino Unido e Alemaña, que contan con tarifas diferenciadas e máis baratas para aquelas partes do seu territorio que son produtoras. “Pura lóxica porque a enerxía é máis barata onde se produce”, recalcou, “por iso resulta inexplicable que o presidente de Galiza leve doce anos vetando a proposta do BNG poñéndose do lado do lobby eléctrico en lugar de defender ás familias e as empresas”.
Para a líder nacionalista, o que está pasando co prezo da luz ten unha dobre causa: “que ás eléctricas mandan máis que os gobernos, tanto no ámbito estatal como galego, e as portas xiratorias co PP e co PSOE”. Neste sentido, Pontón chama atención sobre as medidas do Goberno de Sánchez porque xusto coa rebaixa do IVE até o 10% aprobou tamén a suspensión do imposto de xeración eléctrica que pagan as multinacionais do sector, o que lles a un beneficio adicional de entre 300 a 400 M€ segundo os expertos, sen que teñan obriga de repercutir esa suspensión na factura.
Pontón destacou que tras décadas soportando os custes ambientais e sociais, cada vez pagamos a luz máis cara e hai miles de empregos en xogo precisamente polo alto prezo da enerxía, gana Iberdrola, Endesa, Naturgy pero perden as familias, perden as PEMES e perde a maioría social.
En plena crise, a maioría social vai pagar a factura máis cara da historia, tanto polo cambio na factura como polo feito de que as eléctricas están disparando os prezos en todos os tramos, por iso a campaña do BNG que, ademais, pon sobre a mesa alternativas con medidas concretas
Como reducir o IVE da luz ao 4%, a tarifa eléctrica galega en beneficio das familias e das empresas, a creación dunha empresa pública galega de enerxía, para camiñar cara unha xestión pública dun servizo e dun ben de primeira necesidade. E medidas para que non se lle poda cortar a luz a ningunha persoa ou familia sen recursos, “porque os dereitos das persoas deben estar por riba da conta de resultados das eléctricas”, concluíu desde Vigo.



















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



