Lugo, 3 de agosto. A mostra “Xela Arias. A poesía do retrato”, organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, chega a Viveiro. Os paneis con textos da poeta emparellados con fotografías de Xulio Gil quedarán instalados ao longo da tarde nos Xardíns Poeta Noriega Varela.
A mostra inaugurarase oficialmente mañá, mércores, ás 12.00 horas, nun acto ´no que participarán o fillo da autora sarriá, Darío Gil; o deputado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Efrén Castro; a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; e de representantes dos grupos políticos municipais
A presentación contará co acompañamento musical do grupo sarriao Malditos Roedores, que interpretará un repertorio de versións de cancións en galego.
A exposición poderá verse nos Xardíns Poeta Noriega Varela ata o 26 de agosto.
Xela Arias. A poesía do retrato
A exposición para exteriores organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo “Xela Arias. A Poesía do retrato” recompila unha colección de textos poéticos da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021 xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil nos anos 80 e 90.
A mostra consta de 20 retratos en branco e negro que dialogan con cadanseu texto poético. A colección de imaxes permítenos mergullarnos no universo máis íntimo da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, a través de fotografías que a retratan posando con determinación e sen artificios ante o obxectivo de Xulio Gil, no seu período vital dos 26 aos 40 anos.
Trátase de fotografías tomadas para seren socializadas en revistas, libros ou noutros soportes, que formaban parte do arquivo do fotógrafo e que se mostran por primeira vez en formato expositivo. Na selección das imaxes e dos versos, traballaron conxuntamente o propio Xulio Gil e mailo escritor, editor e xornalista Xosé Enrique Acuña.
Ademais da escolma feita para a mostra, coordinaron os contidos dun libro catálogo coa mesmo título, Xela Arias. A poesía do retrato, editado por Engaiolarte, tamén coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Durante a presentación, agasallarase as persoas asistentes con exemplares da publicación.
Formato exterior e itinerante
A instalación das fotografías e dos poemas preséntanse impresas en panel metálico de aluminio de 3 mm. encadradas sobre 10 macromarcos de aceiro galvanizado sobre peana de formigón.
Con esta fórmula expositiva, exterior e itinerante, a Vicepresidencia da Deputación aposta por achegar a Xela Arias ao gran público da provincia de Lugo e extender a difusión da súa obra máis aló do Día das Letras Galegas.
A mostra estreouse en Sarria o pasado 1 de maio e, desde aquela, puido verse na Praza de San Marcos de Lugo, na Praza do Cantón Vello de Chantada e no Parque dos Condes de Monforte.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



