Mondoñedo, 2 de agosto de 2021. O alcalde e a tenente de alcalde, Manuel Otero e Elena Candia, respectivamente, mantiveron este luns unha reunión de traballo co responsable de Mensaxeiros da Paz -entidade que xestiona o centro de maiores-, e na que acordaron unha redacción dun convenio de colaboración “para axudar á residencia nun momento tan complicado”. Neste senso, dende a entidade local indican que, “conxuntamente con Mensaxeiros, seguimos mellorando o servizo que presta este centro”.
Novos servizos no centro
O centro ten nestes momentos cubertas todas as prazas da residencia e atende a 13 usuarios na área de día. Onde si existen vacantes é na unidade de Alzheimer que os xestores queren promocionar, tal e como lle trasladaron ao goberno local.
Asemade, segundo explicaron, tamén dispoñen dun proxecto de ampliación da zona inutilizada do edificio para poñer en marcha un espazo de vivendas tuteladas que encaixaría respectando as limitacións arquitectónicas do edificio. A equipo de goberno asumiu o compromiso de buscar financiamento para impulsar esta actuación, valorada en preto de 460.000 euros, e que xa foi enviada ao Goberno para incluíla no Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia. Desta cantidade, 155.500 corresponderían a obras de acondicionamento interior; 82.000 á reparación de fachadas; e, 221.400 euros, á mellora da urbanización exterior.
O goberno de Mondoñedo considera que “foi unha xuntanza moi produtiva”. “Sentamos as bases para que o centro poida ofrecer máis servizos, xa que unha das nosas prioridades como Concello é dar resposta ás persoas que máis o precisan”, conclúen.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



