Foz, 3 de agosto de 2021. O Concello de Foz izou hoxe, martes, a bandeira azul na praia de A Rapadoira, acto que contou coa participación do alcalde, Fran Cajoto, e doutros membros da corporación municipal.
O rexedor municipal explicou que “este ano tivemos dificultades engadidas para poñer en funcionamento o servizo de salvamento. Á escaseza de socorristas sumouse de novo un retraso na subvención da Xunta de Galicia, que recortou moito uns fondos moi necesarios para garantir a seguridade nas praias; só se financian 6 socorristas cando no anos 2017 e 2018 a Xunta concedía ata 20”.
Fran Cajoto engadiu que “ademais a incidencia do COVID obrigou a reorganizar o servizo, que por primeira vez conta con persoal auxiliar de apoio contratado polo Concello. Sempre primamos dispoñer de servizo de salvamento nas praias máis concorridas e relegamos a un segundo plano as enseñas ou outras cuestións, como a bandeira azul. Sen embargo é un feito moi significativo poder izar de novo a bandeira na praia máis emblemática da Mariña, a da Rapadoira”.
O alcalde destaca a alta calidade dos areais focegos, con augas excelentes para o baño e que contan con todos os servizos. “Isto non é o habitual noutros puntos de España. A verdade é que podemos estar ben orgullosos: a nosa obriga é conservar as praias no mellor dos estados, xa que son medios naturais. Respectamos o período de nidificación da píllara das dunas, por iso a limpeza completa do areal da Rapadoira tivo que agardar ata pasar o 15 de xullo. Contamos con persoal de reforzo na limpeza diaria dos areais e zonas de paseo. Pido a colaboración a todos, canto menos ensuciemos menos haberá que limpar, o coidado do noso entorno debe ser algo compartido”, rematou Cajoto.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



