Ribadeo, 31 de agosto de 2021. A nova campaña da Pancha, a moeda local de Ribadeo, arranca mañá, mércores 1 de setembro, con máis de 100 establecementos adheridos.
O alcalde en funcións e concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “o Concello de Ribadeo vai poñer a rodar 600.000 Panchas para facer medrar a economía local, apoiando o comercio de proximidade, a hostalaría e o sector servizos de Ribadeo. Este ano a campaña da Pancha dá un paso máis, dixitalizando todo o proceso de adquisición e de compra e simplificando todas as operacións. Deste xeito tanto para comprar as Panchas como para facer os cobros unicamente se precisa un teléfono móbil tipo Smartphone. Así as Panchas poderán adquirirse dende o móbil en fraccións de 30 euros, polos que se obterá un contravalor de 40 Panchas, e ata un máximo de 7 packs por cada persoa participante, o que supón que por cada 210 euros obtéñense 280 Panchas. E o Concello axuda con 10 euros por cada 30”.
Pablo Vizoso sinalou que “ao igual que outros anos, cada operación admitirá un máximo de 80 Panchas, debendo abonarse o importe restante en euros se o total da compra fose superior. Non se admitirá o pago para bebidas espirituosas”.
O rexedor municipal en funcións destacou que “nesta terceira edición a moeda local ribadense consolida a súa presenza nas rúas e facilita a adquisición de Panchas a persoas de localidades veciñas tamén, ao non ter que acudir ao banco a facer o troco de euros por Panchas. Para adquirilas simplemente hai que entrar na web www.pancharibadeo.com e seguir os pasos que se van indicando para descargar o PanchaPeto, un moedeiro dixital que se poderá ir enchendo ata un máximo de 280 Panchas. Este moedeiro consta dun código QR que se irá actualizando cada vez que
se faga un pago en Panchas”.
Ademais Vizoso aproveitou para lembrar que “respondendo ás peticións de diversos establecementos que tiñan unha gran carga de traballo nestes últimos días de agosto e non puideron facer o trámite de adhesión, decidimos ampliar o prazo para que se poidan adherir a esta campaña das Panchas do 2021 ata o día 10 de setembro”.























A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



