Ribadeo, 11 de agosto de 2021. Do 1 de setembro ao 31 de decembro desenvolverase a terceira edición da Pancha, a moeda local de Ribadeo. Os negocios que queiran participar na campaña deberán inscribirse do 12 ao 27 de agosto. Neste 2021 a compra e o uso das panchas será totalmente dixital, a través do Panchapeto. A campaña foi presentada hoxe polo alcalde, Fernando Suárez, e polo concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso.
O edil ribadense explicou que “a nova campaña da nosa moeda local, A Pancha, está dotada cun investimento de 150.000 euros, financiada con fondos propios do Concello, máis os custes de operativa, organización e promoción, o que vai supoñer un retorno de máis de 600.000 euros en valor de negocio para os comercios, a hostalería e os establecementos de Ribadeo”.
Vizoso Galdo contou que “nesta terceira edición, e tendo en conta as condicións sanitarias, a compra e o uso da moeda vai ser totalmente dixital, a través dun moedeiro dixital, o Panchapeto. A dixitalización da Pancha simplifica e vai mellorar o uso da nosa moeda local porque os usuarios xa non terán que acudir á sucursal da entidade bancaria para comprar e recoller os seu billetes físicos.
Deste xeito tanto para os establecementos como para os usuarios vai ser suficiente contar cun teléfono móbil smartphone, desde o que poderán facer todo o proceso de compra de Panchas, de pago nos establecementos e, por parte dos comerciantes, de cobro. O sistema de pagos e cobros vai estar baseado en códigos QR”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio dixo que “o feito de dixitalizar a Pancha nesta edición tamén nos permite estender os seus efectos máis alá dos límites territoriais ou administrativos do concello de Ribadeo porque precisamente agora xa non vai ser necesario acudir fisicamente á entidade bancaria situada en Ribadeo para retirar os billetes físicos senón que calquera persoa vai poder adquirir o seu pack de Panchas a través da aplicación móbil para poder gastalas e consumilas nos establecementos comerciais e na hostalería de Ribadeo”.
Pablo Vizoso indicou que “esta nova versión da Pancha vai facilitar tamén o pago aos establecementos adheridos porque xa non van ter que acudir a validar os tickets de venta ao Concello senón que os pagos se realizarán de forma automática e cunha periodicidade semanal, ao quedar todos os datos das vendas rexistrados na aplicación de cobros”.
E engadiu: “pola súa banda mantéñense as características principais da Pancha doutros anos, como a compra en packs de 30 euros, polo que se recibirán 40 panchas cun valor nominal de 40 euros. Cada persoa maior de idade poderá comprar un máximo de 7 packs de 30 euros, polo que recibiría o contravalor de 280 Panchas. Mantense tamén o límite de 80 Panchas por cada compra e a partir desa cantidade a diferenza deberá abonarse en euros”.
O edil de Comercio subliñou que “esta nova edición de A Pancha quere beneficiar a todo o sector de comerciantes dos establecementos instalados en Ribadeo e singularmente á hostalería porque non condiciona ao cliente a realizar unha compra por un importe mínimo senón que vai poder pagar a súa consumición, por mínima que sexa, co seu Panchapeto. Este ano 2021 foi un moi duro económica e sanitariamente, tamén o foi o 2020; agora o verán parece que nos está propiciando un alivio, pero o que pretendemos con esta iniciativa é que o maior número de establecementos de Ribadeo e durante o maior tempo posible se poidan beneficiar da campaña e que a economía local se vexa beneficiada por este forte investimento do Concello de Ribadeo”.
Pablo Vizoso seguiu a relatar que “os requisitos para poder adherirse son sinxelos: ter un establecemento aberto en Ribadeo de xeito permanente, ser unha persoa autónoma, unha micropeme ou unha empresa e desenvolver unha actividade que estea contemplada dentro dos epígrafes que son obxecto da subvención. Así estamos incluíndo todo o comercio polo miúdo, restaurantes, bares, cafeterías, perruquerías, librerías, tendas de confección e de moda … e tamén outros servizos e actividades como os taxis e o cine. O prazo de adhesión dos establecementos vai dende o 12 ata o 27 de agosto. O proceso, que é moi sinxelo, vai realizarse a través da páxina web www.pancharibadeo.com, na que tamén se pode consultar toda a información sobre a operativa e as características da Pancha do 2021. E para os consumidores o prazo de compra, de uso e de disfrute das Panchas irá dende o día 1 de setembro ata o 31 de decembro”.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



