Santiago de Compostela, 20 de agosto, 2021. O BNG insta á Xunta a por en marcha medidas para impedir a sobreexplotación das hidroeléctricas e “sancionar ás empresas responsables do baleirado dos encoros galegos, Iberdrola e Naturgy que aumentaron a súa produción hidroeléctrica co fin de vendela nun mercado que está a experimentar precios diarios históricos”.
O deputado do BNG, Iago Tabarés denuncia que nas pasadas semanas, en plena época estival – mesmo en momentos de estado de alerta por vaga de calor extremo- , as empresas hidroeléctricas desenvolveron unha intensa actividade en encoros da provincia de Ourense provocando o baleirado dos mesmos, reducíndoos a límites históricos. Faise realidade o dito popular “a cobiza non ten límites”.
Así, actualmente, diversos encoros da provincia de Ourense como o de Cenzo en Vilariño de Conso que está a un 15,09 % da súa capacidade, un 53,42% por baixo do seu promedio habitual, ou o de Portas, tamén no concello de Vilariño de Conso, a un 16,37%, que representa unha variación superior a un 60% sobre a media da súa capacidade ordinaria.
Tal situación de sobreexplotación hidrolóxica neste época estival, afirma o nacionalista, está a provocar que ríos como o Arenteiro, Arnoia ou Limia estean nun nivel que, o organismo de conca, cualifica como baixo; algo que tamén acontece no río Miño.
A capacidade doutros encoros, se ben non é tan alarmante, non deixa de ser preocupante toda vez que o estado actual da súa capacidade non chega ao 50% do seu promedio ordinario, como nos encoros de Albarellos ou Salas.
Ás consecuencias de tales accións empresariais, afirma Tabarés, hai que sumar importantísimas consecuencias sociais e medioambientais no territorio e na economía da zona como no encoro das Conchas, no concello de Muíños, obrigado a prohibir o baño dado nivel de contaminación por cianobacterias, debido á drástica redución do nivel de auga.
Tabarés lembra que recentemente, un alcalde dun municipio ourensán recoñecía que de continuar o baleirado do encoro do seu concello “consecuencia da cobiza da concesionaria da explotación hidroeléctrica para aproveitar os elevados prezos da electricidade” se impediría a práctica de actividades acuáticas como a vela, piragüismo, ou remo que constitúen un importante reclamo para atraer a turistas e visitantes ao concello.
A xuízo do deputado, “as actuacións das empresas hidroeléctricas buscando maiores rendementos económicos e aproveitándose dos desorbitados prezos da enerxía”, provocan un grave deterioro medioambiental, económico e social no territorio e na poboación, que unha vez máis constata como os recursos naturais están subordinados aos exclusivos intereses de empresas privadas, sen que conste actuación algunha por parte da Xunta de Galiza.
Tabarés remarca que a apertura dun expediente informativo debe ir acompañado de “sancións ás eléctricas responsables do baleirado dos encoros” por un aproveitamento da auga para aumentar os beneficios de Iberdrola e Naturgy.
Neste sentido, o nacionalista avanza que o BNG reclamara á Xunta adoptar as medidas oportunas para repoñer ou compensar os prexuízos medioambientais , económicos e sociais producidos polo baleriado dos encoros”.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



