Cervo, 3 de agosto de 2021. O Concello de Cervo ten previsto acometer dúas actuacións na parroquia de Rúa antes de que remate este ano.
Así o explicou hoxe o rexedor, Alfonso Villares, que mantivo un encontro este mediodía co pedáneo da zona Ramón Elemparte, no que tamén estiveron presentes a tenente alcalde e a concelleira de Obras, Dolores García Caramés e Mali Méndez, respectivamente.
En concreto, as obras vanse executar no depósito de auga potable da ETAP e na vía que vai á caseta dos cazadores.
A primeira actuación suporá un investimento de preto de 50.000 euros – 48.187,16 concretamente- todos eles procedentes de fondos municipais, e consistirá na execución dun valado perimetral do depósito de auga, executándose tamén unha cancela para os peóns e outra de grandes dimensións para facilitar o acceso con maquinaria para a realización de traballos de conservación.
Realizarase ademais unha limpeza e saneado xeral e a impermeabilización do depósito que abastece Rúa e tamén o resto do concellos; e traballos de reparación e saneado sempre que sexa preciso.
En canto á segunda actuación –tal e como explicou Villares- xa se realizaron os traballos previos, co correspondente levantamento topográfico e nos vindeiros días concretarase o orzamento preciso para executar a obra, que consistirá no asfaltado do tramo de máis dun quilómetro de lonxitude que conduce á caseta dos cazadores, así como os arredores da mesma, para facilitar o tránsito dos vehículos.


























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



