Cervo, 6 de agosto de 2021. O Concello de Cervo insta á Deputación Provincial a que remate as obras da vía que daría acceso ao Polígono Industrial de Cuíña, que iniciou no seu día e que deixou inconclusas.
A pesar do seu potencial e das súas posibilidades, este polígono, sito na estrada CP.1510 (San Cibrao-Burela), presenta importantes deficiencias en canto aos seus accesos, polo que, tal e como apuntou o rexedor, Alfonso Villares, resulta fundamental mellorar as conexións desde a N-642 á altura de Espiñarido, ata o propio parque empresarial. Trátase dunha vía de 1500 m de lonxitude entre os dous puntos, que sairía da actual rotonda executada na N-642 en Espiñarido ata unir coa CP 150 (San Ciprián-Burela) no polígono.
A proposta de Alcaldía cuxa redacción é a seguinte:
Instar unha vez máis á Deputación provincial a que remate as obras da vía de acceso ao Polígono Industrial de Cuíña, que una a N-642 á altura de Espiñarido coa CP 1510 (San Ciprián-Burela), que atravesa o propio Polígono de Cuíña, iniciadas no seu día e que quedaron inconclusas, o que conlevaría a expropiación do tramo restante, cunha lonxitude aproximada de 700 metros e a execución completa do tramo.
foi aprobada no pleno ordinario celebrado este xoves cos votos a favor do PP e do BNG, e a abstención do PSOE.
O rexedor recordou que estamos a falar dunha vella reivindicación deste concello que estivo moi presente en varias sesións plenarias ao longo dos últimos anos, “trátase dunha petición que ademais foi exposta ante todos os presidentes que pasaron pola entidade provincial desde o ano 2007”.
A última das entrevistas para abordar este tema foi o pasado 18 de xuño de 2020, cando o alcalde mantivo un encontro co actual presidente José Tomé.
Polo tanto, todos os presidentes, á vista está, incumpriron o compromiso asumido no seu día cando, nunha primeira fase a Deputación se fixera coa titularidade dunha parte dos terreos, expropiando uns 800 metros de superficie, comezando coa execución das obras; coa construción da ponte sobre a vía FEVE e a explanación dos terreos do trazado da vía”, precisou Villares.
Levamos pois moito tempo pedíndolle por activa e por pasiva ao organismo provincial –apunta Villares- que “concluíra esta infraestrutura fundamental para o impulso e o desenvolvemento do noso parque industrial, que a día de hoxe alberga importantes empresas e industrias que aportan dinamismo ao noso municipio, e o que é máis importante que xeran emprego e ofrecen diferentes posibilidades laborais á nosa veciñanza; unhas posibilidades que se verían substancialmente ampliadas se dispuxese duns accesos adecuados á súa natureza e magnitude”.
É de suma importancia, pois, que a Deputación provincial retome os traballos o que facilitaría a instalación tamén de novas empresas que contribuirían ao desenvolvemento económico do noso municipio, o que repercutiría na creación de novos postos de traballo ampliando a oferta laboral da zona, algo tan necesario nestes tempos, concluíu Villares.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



