Viveiro, 30 de agosto de 2021. O Concello de Viveiro, a través de concellería de Cultura, organiza para os últimos tres sábados de setembro —do 11 ao 25— unha nova edición de “Sábados de contos”, que conta coa financiación do Programa Ler Conta Moito 2021 para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
A edil de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, quixo invitar a todos os pequenos e pequenas do concello a participar nesta actividade co obxectivo de “favorecer a lectura desde a infancia para que se enchan de sabedoría e de cultura”.
A responsable local insistiu no compromiso do goberno local de fomentar que as nenas e nenos viveirenses poidan “somerxerse nestas aventuras que nos proporcionan os libros e que nos fan medrar cun espírito crítico e con máis liberdade”.
“Princesas e Princesos”, a cargo de Os Contos de Pablísimo, será a primeira das citas o 11 de setembro ás 12.00 do mediodía. O seguinte sábado, 18 de setembro, á mesma hora, será a quenda de Trinketrinke Teatro coa obra “Familias Diversas”. E a derradeira xornada terá lugar o 25 de setembro co conto “Carabranca”, de Iria Pinheiro e a Compañía Eléctrica.
Todas as actividades desenvolveranse na Biblioteca Pública e a entrada será de balde, aínda que haberá aforo limitado e as invitacións terán que retirarse dende o luns anterior ata o venres ás 15.00 horas. A reserva poderase realizar no 982 57 06 06.
As familias que o desexen poderán enviar aos nenos sen compañía dun adulto, xa que a actividade contará con monitores, garantindo o cumprimento exhaustivo do tódolos protocolos COVID.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



