Chantada, a 16 de agosto de 2021. Elena Candia amosou en Chantada o rexeitamento do PP da provincia de Lugo a converter nunha vía 2+1 a A-56 entre Lugo e Ourense: “non sei se é un globo sonda para despistar; pero Lugo non pode renunciar a esa infraestrutura imprescindible para o sur da provincia”. Polo tanto, reivindicou que “se faga canto antes a autovía tal e como estaba proxectada: unha vía de nova construción que parte da autovía Lugo-Santiago, en Guntín, ata chegar á A-52 en Ourense. Non imos renunciar a comunicar as dúas capitais de provincia do interior de Galicia por autovía”.
Acompañada polo senador e alcalde do municipio, Manuel Varela, e o deputado nacional Jaime De Olano, a presidenta dos populares lucenses advertiu que “para nós, a alternativa 2+1 sería moi negativa” e, polo tanto, pediu que “tanto o Goberno de España coma os socialistas de Galicia e da provincia de Lugo manifesten de maneira contundente o seu rexeitamento e amosen o seu compromiso claro e explícito coa autovía”.
Candia sinalou que “as infraestruturas son clave para a vertebración do territorio e o desenvolvemento socioeconómico da nosa provincia, un discurso no que tamén coinciden o resto das forzas políticas”. A este respecto, criticou o estado da estrada nacional N-540: “o seu abandono e falta de mantemento derivan na presenza de numerosas fochancas que afectan á seguridade deixando patente o nulo compromiso do Goberno socialista coa nosa provincia”.
Abandono do Goberno á A-56: sen dotación para Lugo nos PGE 2021
“Xa o dixemos no seu momento coa aprobación dos orzamentos do Estado”, expuxo a popular. De feito, “os presupostos do Goberno PSOE-Podemos para este ano 2021 non contemplaron investimentos para avanzar nas infraestruturas estratéxicas da nosa provincia”. Ante o desprezo do Goberno de Pedro Sánchez á autovía entre Lugo e Ourense, os deputados do PP das dúas provincias presentaron emendas no trámite parlamentario da Ley de PGE 2021 reclamando ao Executivo dedicar a esta autovía as cantidades consignadas nos PGE do 2018, pero foron rexeitadas polos grupos do Goberno.
Os orzamentos do Estado para este ano só recollen, polo tanto, unha ínfima dotación para os tramos da autovía correspondentes á provincia de Ourense e ningún tipo de previsión para os da provincia de Lugo. “Desapareceu das prioridades do Goberno o intercambiador das autovías A-54 e a A-56 en Guntín” que nos PGE do 2018 dispoñía de 2,5 millóns de euros de dotación orzamentaria.
“Actualmente só está en marcha, dende setembro do 2020, o tramo entre San Martiño e A Barrela, un proxecto que recuperou sendo ministra a popular Ana Pastor despois de varios anos sen concrecións por parte do Goberno socialista”, explicou Candia.
Os deputados populares téñense dirixido ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para coñecer en que situación administrativa e que previsións ten para avanzar nos tramos A Barrela-Chantada, Chantada-Taboada, Taboada-Narón e Narón-Guntín no que se engloba o intercambiador. A resposta do Ministerio en febreiro deste ano foi “totalmente elusiva”.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



