Ribadeo, 4 de setembro de 2021. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Ribadeo na xornada de convivencia Saberes no Camiño entre redeiras de Galicia, País Vasco, Cantabria e Asturias, organizada pola Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, premiada coa Medalla Castelao en 2019.
Durante a súa intervención, López Abella enxalzou o labor destas profesionais que traballan na defensa dos dereitos das traballadoras no mar. Considerou, ante as presentes, que “a iniciativa empresarial feminina é vital para o progreso do sector pesqueiro, especialmente nun momento no que resulta necesario sumar esforzos e aportar novas ideas”. Nesta liña comprometeu o apoio da Xunta á capacidade emprendedora das mulleres do sector, protagonistas, segundo indicou, da creación e promoción de proxectos innovadores e competitivos.
A Xunta cre necesario potenciar o desenvolvemento profesional e o empoderamento das mulleres no sector pesqueiro, por medio da implantación de procesos de modernización, a diversificación de actividades, a sustentabilidade tanto económica como ambiental e a mellora da capacitación empresarial da muller. “Trátase de poñer en marcha políticas que permitan paliar os desequilibrios económicos, sociais ou de xénero, aos que se enfrontan as emprendedoras, e que ao mesmo tempo contribúan a poñer en valor e dotar de visibilidade o traballo que elas realizan”, resaltou a secretaria xeral.
Tal e como valorizou López Abella, o desenvolvemento profesional das redeiras de Galicia, está marcado pola súa tradición artesanal e presenza feminina.
A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao é entidade de referencia en Galicia desde 2004 na representación dos intereses das redeiras profesionais galegas. A Xunta comparte obxectivos comúns con ela na busca de novas alternativas de emprego, na divulgación do seu traballo, na prevención de riscos laborais nas súas contornas ou na aposta pola súa diversificación económica desde a óptica da igualdade.
Desde o ano 2009, o Goberno galego mantén liñas de colaboración coa Federación que superan a contía dos 100.000 euros. Entre outras, vense apoiando o desenvolvemento de programas específicos para mulleres, o fomento do asociacionismo e as iniciativas da entidade para a promoción da igualdade e a prevención da loita contra a violencia de xénero.
Pola súa banda, o voceiro popular en Ribadeo e deputado autonómico, Daniel Vega, agradeceu que a Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao” escollera Ribadeo para realizar durante esta fin de semana a convivencia de mulleres redeiras de Galicia, Cantabria, Asturias e País Vasco. Destacou e puxo en valor o papel fundamental que desenvolve a muller no mundo do mar, e salientou a colaboración da Xunta de Galicia cunha aportación económica de 16.000 euros a esta federación.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



