Ribadeo, 20 de setembro de 2021. O salón de plenos do Concello acolleu o acto de clausura e entrega de diplomas ao alumnado do obradoiro de emprego Vencellos da Memoria, promovido polos Concellos de Ribadeo e de Barreiros e financiado polo Fondo Social Europeo e pola Consellería de Emprego da Xunta. Ao acto asistiron os alcaldes de Ribadeo e de Barreiros, Fernando Suárez e Ana Ermida, o concelleiro de Desenvolvemento Local de Ribadeo, Pablo Vizoso, así como o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a xefa territorial de Emprego e Igualdade, Pilar Fernández.
O edil de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “foi un obradoiro de emprego para persoas mozas, que foi promovido polos Concellos de Ribadeo e de Barreiros e cofinanciado co 91% polo Fondo Social Europeo, a iniciativa de Emprego Xuvenil, e tamén contou coa financiación da Consellería de Emprego e Igualdade. Foi un obradoiro que naceu como unha aposta e un compromiso fortísimo de ámbolos dous Concellos pola promoción no uso das novas tecnoloxías e a xestión e difusión do patrimonio documental que constaba nos arquivos dos dous Concellos. Durante un ano formou a 16 persoas, tamén de Barreiros e de Ribadeo, nas especialidades de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos e en Produción fotográfica”.
O concelleiro ribadense subliñou que “ao mesmo tempo que ían recibindo a formación necesaria, foron realizando tamén unha serie de traballos ao longo de todo este tempo. Probablemente os que máis destacaron foron, no Concello de Barreiros o inicio da adaptación do arquivo municipal ás novas tecnoloxías, a organización e a descrición de 3.000 expedientes e os libros do seu propio fondo, así como a dixitalización dos libros de actas dese municipio. No Concello de Ribadeo seguimos adiante coa organización da documentación existente no arquivo que a esa data aínda estaba sen identificar e sen describir, estou falando dunhas 1.500 caixas ou lotes, e ademais levouse a cabo un importante traballo de dixitalización de todos os padróns de habitantes e da prensa antiga que estaba custodiada na Biblioteca Municipal. Ao mesmo tempo, en cada un dos dous Concellos impulsáronse actividades de difusión e de promoción desta información e do patrimonio documental, e podemos considerar e destacar aquelas mostras ou aquelas diferentes exposicións físicas que tiveron tan boa acollida por parte da veciñanza”.
Pablo Vizoso engadiu que “o balance final deste obradoiro temos que dicir que é positivo por un dobre motivo. En primeiro lugar porque 10 dos 16 integrantes como alumnado van recibir un certificado de profesionalidade, que lles vai ser moi útil no futuro de cara a facilitar a incorporación ao mercado laboral, e por outro lado polo traballo que queda patente en ámbolos dous Concellos, xa que se permite e se mellora o acceso á documentación dos dous nosos arquivos. Quero agradecer a todos, empezando polo alumnado e seguindo polos monitores, a dirección e tamén os departamentos de Desenvolvemento Local, o esforzo e a dedicación durante este ano intenso de traballo e desexarlles moita sorte, sobre todo no ámbito laboral”.
No acto interviñeron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e os alcaldes de Barreiros e de Ribadeo, Ana Ermida e Fernando Suárez, que agradeceron o traballo realizado ao longo deste ano de obradoiro e desexáronlle sorte ao alumnado para o seu futuro laboral.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



