Ribadeo, 17 de setembro de 2021. Na Oficina de Turismo foi inaugurada esta tarde a exposición arqueolóxica O porto de Ribadeo. Testemuñas do pasado, organizada polo Concello para dar a coñecer a riqueza histórica do leito mariño ribadense. Está composta por mais de 150 pezas localizadas na campaña realizada no Galeón Santiago de Galiza e no antigo fondeadoiro portuario.
No acto interviñeron o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Cultura, Pilar Otero, e o comisario da exposición, Miguel San Claudio. O rexedor dixo que esta mostra supón un fito histórico para Ribadeo: “poder ensinarlle ao mundo deste aquí, desde un sitio pequeniño como Ribadeo, esta exposición é algo que nos enche de orgullo”.
Na súa intervención sinalou que “hai unha cantidade enorme de achados que lle quitan a respiración a calquera”. E rematou manifestando: “confío en que poidamos co concurso de todos, do Estado, da Xunta, da Deputación e do Concello, facer algo estable e continuado ao longo do tempo disto que hoxe é algo anecdótico e puntual”.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, agradeceu a presenza institucional “e a Miguel San Claudio e o seu equipo o esforzo realizado, aínda que sexa unha pequena fiestra que nos abre a un mundo que moitos de nós descoñecemos. E agardo que disfrutedes moito desta mostra”.
O comisario da exposición, Miguel San Claudio, subliñou que o Concello foi o impulsor da mostra e tivo palabras de agradecemento para todas as institucións que colaboran co traballo de investigación realizado na ría de Ribadeo: “agradecer a todos los que colaboran con nosotros, hay mucha gente detrás, desde instituciones científicas de todo el mundo, universidades, la Armada Española, el Club Náutico de Ribadeo, el Concello de Ribadeo y la Xunta de Galicia”. San Claudio dixo que todo o material extraído nestes anos da ría “está en proceso de investigación, esta es una investigación viva”.
Entre os asistentes ao acto de inauguración estiveron o cronista oficial de Ribadeo, o presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, membros da Armada, concelleiras e concelleiros de Ribadeo ou deputados autonómicos.
A exposición O porto de Ribadeo. Testemuñas do pasado pódese visitar na Oficina de Turismo ata o 20 de outubro.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



