Santiago de Compostela, 8 de setembro, 2021. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anuncia que o BNG solicitou no Parlamento galego unha Comisión de investigación para esclarecer as “implicacións” da Xunta de Galiza no baleirado dos encoros por parte de Energy e Iberdrola.
Na súa visita á localidade de Viana do Bolo, tras o baleirado do encoro do Vao /Bibei que xestiona a eléctrica Iberdrola, a portavoz do BNG explicou que a Xunta “non impediu o baleirado por parte de Iberdrola e Naturgy”, a pesar de coñecer a intención das eléctricas, a través de dous correos emitidos os días 10 e 12 xuño. Na súa opinión, si o Goberno galego foi realmente coñecedor das intencións das eléctricas, “estaríamos ante un caso de prevaricación”.
A Comisión de investigación solicitada polo BNG debe analizar as consecuencias e responsabilidades do abrupto baleirado de encoros no ano 2021 e impulsar medidas de compensación.
A portavoz do BNG, acompañada pola deputada por Ourense, Noa Presas e membros do BNG da comarca criticou a “usura das eléctricas” pola turbinación de auga e a aplicación dunha “estafa diaria” que a cidadanía está a padecer nos últimos meses e sobre a que a Xunta de Galiza e o Goberno central responden con “inacción” e permitindo o que cualificou de “atentado medioambiental”. Pontón tildou de “usura” o comportamento das eléctricas e denunciou “a hipocrisía da Xunta” por ser coñecedora de que Iberdrola tiña previsto baleirar os encoros. A Xunta, recalcou a nacionalista, mantívose “cos brazos cruzados durante dous meses” e no momento do baleirado utilizouno para a súa “confrontación estéril” co Goberno do Estado.
As empresas eléctricas continúan beneficiándose dos recursos naturais de Galiza e cometendo “un atentado ecolóxico coa complicidade da Xunta e do Goberno central”, recalcou. Fronte a esta grave situación e recollendo a indignación de todos os galegos e galegas, o BNG xa solicitou unha Comisión de investigación porque hai moitas preguntas que merecen respostas. A primeira, “por que a Xunta sendo coñecedora do baleirado dos encoros non actuou, por que permite que as eléctricas danen o noso medio natural e non se faga nada e por que o Goberno da Xunta modificou a lei vinculada ás penalizacións do sector eléctrico na xestión dos ríos galegos para “rebaixar as sancións nun 90%”. Dende o BNG, engadiu Pontón, consideramos que estamos ante a punta do iceberg de gobernos “ao servizo das eléctricas e que van de ganchete do looby enerxético”.
O Parlamento galego, recalcou a líder do BNG, debe “investigar a estafa da luz e ir até as últimas consecuencias”. A Xunta non pode seguir gobernando para as eléctricas e por iso queremos unha comisión de investigación no Parlamento galego, o foro no que deben darse estas explicacións, concluíu.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



