Lugo, 10 de setembro de 2021. O grupo provincial do PP atreveuse ao principio do verán a augurar que o desbroce, a roza da maleza que medra nas beiras das estradas provinciais sería novamente un verdadeiro desastre. E así foi. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, sinala: “Tal como anticipou o grupo provincial do Partido Popular en Muras, no pasado mes de xullo, temos que denunciar un novo fracaso da política de estradas do goberno da Deputación de Lugo, temos que poñer de manifesto a malísima xestión que está a levar o delegado de Vías e Obras, o señor Tomé”. Lembra que “naquel momento xa denunciabamos que había unha tardanza enorme e que había moitas localidades nas que durante o verán as estradas provinciais seguirían cheas de maleza”. Sinala: “E iso é o que hoxe vimos denunciar en Monterroso: como ocorre neste municipio, hai moitos outros nos que as estradas provinciais, algunhas delas con moitísimo uso, que comunican núcleos importantes do concello ou con outros concellos, están aínda sen desbrozar”. Os populares demandan novamente de José Tomé que renuncie a seguir á fronte de Vías e Obras e avisan de que é insostible manter esta situación durante dous anos máis.
Castiñeira manifesta: “Lamentamos esta situación, porque os grandes prexudicados son os veciños do rural. Á vista de como están as cousas, temos que seguir denunciando esa política de agravios que están a facer o PSOE e o BNG en contra de alcaldes e concellos gobernados polo PP ou por outras agrupacións, como é o caso de Monterroso e moitos outros. Houbo concellos costeiros que botaron practicamente todo o verán con estradas que levan a praias sen rozar, polo que, nalgún caso, tivo que facelo o propio Concello para evitar dar mala imaxe”.
O portavoz popular define así a situación da delegación de Vías e Obras, comandada por Tomé: “Está absolutamente abandonada. Por iso denunciamos esta situación. As probas están aí. Máis de once sancións tivo que aplicar o goberno da Deputación de Lugo a empresas contratistas que non cumpriron os prazos, pero iso non chega. Isto demostra inoperancia; non vale con sancionar, o que hai que facer é xestionar, anticiparse, planificar. E iso é o que non está a facer o delegado de Vías e Obras, polo que novamente pedimos a súa dimisión”.
Castiñeira sinala: “Pasamos o ecuador deste mandato e non podemos seguir dous anos máis con esta inoperatividade, causada por un mal xestor das Vías e Obras da nosa provincia como é o señor Tomé”.



















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



