Lugo, 16 de setembro de 2021. Unha gran parte da rede de estradas da Deputación está en moi mal estado. No Concello de Ourol as vías que dependen do organismo provincial aínda están, a estas alturas do ano, sen rozar; a maiores, algunhas delas teñen o firme desfeito. En Ourol, o polígono industrial, que depende da Deputación, non conta con empresas e está cuberto polas silvas. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, e o voceiro municipal dos populares, José Hermida, reclaman do goberno provincial que adopte as medidas necesarias para amañar as estradas e promocionar o polígono. Hermida ofrece ao alcalde crear unha fronte común para conseguir que a Deputación atenda as necesidades dos veciños de Ourol.
Javier Castiñeira sinala: “Nas visitas que está a facer o grupo do PP na Deputación por toda a provincia, acercámonos a Ourol e estivemos no seu polígono industrial, que é da Deputación de Lugo. Dá pena velo, sen manter, sen rozar (como moito do patrimonio que ten a Deputación de Lugo) e sen estar posto en valor. O grupo provincial do PP levará algunha iniciativa ao pleno para darlle actividade e poñelo en valor, porque é necesario para os veciños desta localidade”.
O portavoz provincial do PP di: “Tamén na nosa visita ao Concello de Ourol, ademais de apreciar o mal estado de mantemento do polígono industrial, comprobamos as deficiencias das estradas. Algunhas teñen o firme en moi mal estado; é moi urxente arranxalas. A maior parte das vías provinciais en Ourol están sen desbrozar; que se dea esta situación pasado o verán é algo incomprensible”. Engade: “Unha delas é a LU-P-3807, que comunica a parroquia de San Pantaleón, e os veciños quéixanse moito. As estradas están perigosas e dan moi mala imaxe. Pode haber danos materiais pero tamén persoais, porque debido á maleza hai puntos con moi pouca visibilidade. Pedimos ao goberno da Deputación que canto antes faga que se rocen estas estradas e que amañen aquelas que están mal”.
Polo seu lado, o portavoz municipal, José Hermida, manifesta: “Dende o PP de Ourol ofrecémonos ao alcalde para facer unha fronte común para intentar acabar co abandono a que somete a este concello a Deputación, tanto no que se refire ás estradas como ao polígono industrial. As estradas, a estas alturas do ano seguen sen rozar, a pesar de que en concellos limítrofes xa está feito ese traballo dende hai uns días. En canto ao polígono, hai que dicir que está totalmente deteriorado, case sería imposible que nas condicións que está hoxe viñera unha empresa. Ofrecemos ao alcalde constituír unha fronte común para presentarnos na Deputación para intentar que estes problemas se solucionen, que se mire un pouco por resolver os problemas que teñen os veciños de Ourol”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



