
10,00 h.- A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e a directora xeral de Administración local, Natalia Prieto, participarán na reunión do grupo de traballo conformado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para abordar cuestións relativas aos terreos portuarios de uso público das vilas mariñeiras. Na sede de Portos de Galicia (praza de Europa, 5A, 6º. Acceso por rúa Berna).
foto xoán crespo
08/09/2021
Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2021. A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, mantivo hoxe unha reunión cos representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) no marco da mesa de traballo creada pola Xunta con esta entidade para abordar a posibilidade de reverter ao Estado espazos dos peiraos galegos que non teñen uso estritamente portuario buscando a posterior entrega polo Goberno central aos concellos. Neste sentido, a representante do ente dependente da Consellería do Mar trasladou aos integrantes da Fegamp que o Executivo galego está a traballar nos trámites para solicitar á Administración central a reversión de arredor de corenta espazos da súa titularidade que non teñen uso portuario.
Susana Lenguas, que estivo acompañada na reunión pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e por outros representantes do Executivo galego e do ente público, detallou que Portos de Galicia analizou as 22 solicitudes presentadas ata o momento por distintos concellos costeiros galegos así como a posible reversión doutras 18 instalacións menores da súa titularidade non destinadas a fins portuarios e situadas en distintas localidades.
A representante do ente público explicou que se trata dun procedemento extraordinario, complexo e moi amplo e que, por iso, se tramitarán todos os expedientes de xeito conxunto. Neste sentido, e para velar pola transparencia do proceso, o ente público abordou os criterios que se aplican para a valoración das solicitudes, dos que xa son partícipes os concellos inmersos neste proceso e que serán trasladados a todos municipios para o seu coñecemento e para que, aqueles que non o fixeron, poidan presentar as súas propostas de reversión de terreos antes do próximo 15 de outubro.
Unha vez recibida toda a información necesaria dos concellos, a Xunta trasladará aos correspondentes Gobernos locais as superficies que considera susceptibles de iniciar o trámite de reversión en cada caso e, cando os concellos dean a súa conformidade con esa proposta, avanzará nos trámites administrativos internos previos á remisión da solicitude de reversión dos terreos ao Executivo central.
No momento en que estean completados os trámites da Administración galega, será o Goberno central, mediante acordo do Consello de Ministros, o que deberá determinar que facer e tamén se os entrega aos concellos procedendo á súa desafectación como espazos de dominio público marítimo-terrestre.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



