Burela, 28 de setembro de 2021. Estes días rematan as obras na rúa Río Cobo, en Vila do Medio. O orzamento ascendeu a 70.000 euros e para o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, trátase duns traballos moi necesarios debido ás roturas que se producían na rede de abastecemento de auga. Para supervisar a conclusión da obra, o edil e o alcalde, Alfredo Llano, desprazáronse ata a zona onde aproveitaron para falar coas veciñas e cos veciños.
O edil de Obras contou que “estivemos supervisando o remate dunha obra importante e moi necesaria que se fixo na rúa Río Cobo, na Vila do Medio. O custe ascendía a algo máis de 70.000 euros e estaba incluída no Plan Único provincial”.
Ramiro Fernández explicou que “tíñamos unha serie de problemas de traída da auga naquela zona, tíñamos moitísimas roturas na rede e ademais aproveitamos para solucionar xa o tema da traída, mellorar o saneamento e facer o separativo de pluviais e residuais. Tamén se lle deu unha capa de aglomerado en quente á rúa, co cal quedou moitísimo mellor para o seu tránsito”.
O concelleiro de Obras dixo que “estivemos falando cos veciños e están contentos coa obra. Penso que era un problema que tíñamos pendente de resolver, tíñamos unha débeda con eses veciños. Creo que é unha obra boa e que soluciona un problema para moitísimo tempo. Hoxe están cos últimos retoques e espero que non haxa ningún tipo de problema unha vez finalizada a obra. Era unha moi necesaria”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



