Foz, 25 de setembro, 2021. O veciño de Foz, Xabier Grandío, lanzou en Amazon a súa primeira novela curta, “Verán en Foz”. Esta é a primeira incursión do autor no xénero, aínda que ten unha experiencia como ensaísta (“Tarot Rider Waite”, Corona Borealis), redactor de contidos web, colaborador habitual en medios sectoriais de márketing como Marketing4eCommerce, portais como Mittum, redactor de relatos curtos (“Puerta de Embarque”, Escribir y Meditar) e medios de comunicación xeneralistas como Crónica3 e Nós Diario.
A trama da novela transcorre, na práctica totalidade, durante o verán do ano 2019 en Foz e na Mariña (Mondoñedo, Ribadeo e Barreiros), incluíndo unha incursión en Lugo. Os dous personaxes principais son Dani, un solteirón da vila atormentado e Merce, unha veraneante madrileña que sae dun divorcio traumático; o fío argumental trata da súa relación, dos seus traumas presentes ou pasados e da importancia da amizade como vencello terapéutico. O elenco complétase con personaxes secundarios que bordean os 40 anos, coas contradicións e angustias propias deste tempo. Por outra banda, a novela ten varias chiscadelas ao místico, o espiritual e á idea de superación persoal.
O libro está redactado en galego baixo o formato de autopublicación en Amazon e ten un total 174 páxinas. está dispoñible en formato de tapa branda (10,39 euros) e kindle (6,99 euros).























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



