Ribadeo, 22 de outubro de 2021. Remataron as obras da estrada da estación, que xa foron recepcionadas oficialmente. O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “nos sentimos orgullosos como goberno municipal de Ribadeo”. O investimento ascendeu a 353.000 euros, dos que 280.000 chegaron procedentes da Área de Medio Rural da Deputación de Lugo e 73.000 euros do Concello de Ribadeo.
O rexedor sinalou que “logo de moito traballo na redacción dun proxecto moi complexo, na consecución do vial posto que non era nin municipal, da cesión amigable de superficies colindantes por parte de particulares, da moita coordinación entre diferentes administracións como Adif ou a Deputación de Lugo. E tamén dalgunhas decepcións con outras como a Xunta de Galicia que non deu un can. Pois por todo isto, e por fin, xa está rematada e oficialmente recepcionada a estrada da estación, desde que onte se deu de alta o novo alumeado que a vai iluminar polas noites”.
Para Fernando Suárez “trátase dunha obra da que nos sentimos moi orgullos como goberno municipal de Ribadeo, porque lle resolve un excelente acceso aos veciños desa zona pero sobre todo porque é unha arteria principal de Ribadeo que, aínda estando na vila, da moitísimo servizo ás parroquias do interior, ao saír moita carga pesada por aí”.
O alcalde explicou que “con estas obras ampliamos o viario a 10 metros, construímos unha beirarrúa nunha das súas marxes, instalamos un novo sistema de iluminación led, puxemos árbores e diverso mobiliario público. E tamén aproveitamos para amañar a rúa adxacente, Segundo Moreno Barcia”.
Suárez Barcia engadiu: “e unha vez mais, a Deputación de Lugo, dentro da Área de Medio Rural foi determinante para axudarnos a financiar esta importante obra. Cunha achega de 280.000 euros da Deputación e 73.000 euros do Concello puidemos completar o orzamento total de 353.000 euros para mellorar completamente este viario. Foi unha pena tamén, que a Xunta de Galicia, despois de térsenos asegurado hai uno ano no Pleno da Corporación por parte do PP local, que para esta actuación a Xunta ía poñer si ou si, pois ao final, e coma sempre, foi non. Con todo, xa estamos afeitos a estes desplantes. Ogallá no futuro inmediato cambien a actitude, van ter moitas oportunidades para poder facelo. Sempre será positivo para Ribadeo. Mentres iso non aconteza, pois nós ao noso, a seguir transformando Ribadeo para mellor”.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


