Ribadeo, 20 de outubro de 2021. O Concello iniciou as obras de acondicionamento no barrio de San Miguel, que supoñen un investimento de 46.000 euros e un prazo de execución de dous meses.
A concelleira de Obras, Mónica Freire, lembrou que “levamos un tempo recollendo moitas demandas da veciñanza desta zona de Ribadeo e sabemos que se trata dun barrio que leva sen actualizar desde os anos 80 e que se atopa en mal estado, polo que entendemos que é prioritario actuar sobre este espazo”.
A edil ribadense dixo que “as actuacións que contempla este proxecto inclúen o aglomerado das vías deste barrio de San Miguel e da rúa Antonio Rodríguez Darriba, xunto coa colocación de mobiliario urbano (bancos e papeleiras), a mellora na sinalización horizontal e vertical e tamén a humanización do espazo coa plantación de varias árbores. E ensancharase o corredor lateral de Antonio Rodríguez Darriba, aplicarase un rego de imprimación nos tramos asfaltados previo á capa de aglomerado asfáltico.
Mónica Freire considera que “estas actuacións servirán para mellorar esta zona, tanto para a veciñanza como para os visitantes, xa que se trata dunha importante zona de paso cara ao Cargadeiro e cara a estrada do Faro e tamén para o porto”. E subliñou que “estas obras son a primeira fase das que se acometerán neste barrio, xa que xa se está traballando para poder actuar no resto”.
A concelleira de Obras agarda que “estes traballos, que se inician estes días, rematen a comezos do mes de decembro”.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



