Burela, 22 de outubro de 2021. O Concello de Burela ven de instalar sete equipos de medición na rede de abastecemento de auga que permitirán localizar avarías ou posibles fugas en pouco tempo. O investimento ascende a 40.000 euros, dos que o 75% proceden da Xunta de Galicia e o resto do Concello burelés. O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, subliñan a importancia destes traballos para o control do consumo no municipio.
O edil de Obras declarou que “desde a Delegación de Obras queremos anunciar que durante estes días esperamos acabar unha obra que consideramos moi importante polas consecuencias que vai ter para toda a veciñanza e para consumo de auga particularmente aquí en Burela. É desas obras que non se ven, que parece que non están pero evidentemente fan unha función importantísima e estamos moi contentos de que esta obra saíra adiante”.
Ramiro Fernández explicou que “esta obra supuxo unha inversión de 40.000 euros dos que foi subvencionado o 75% polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, mediante unha subvención, e o Concello tivo que poñer practicamente 10.000 euros. A obra consiste en colocar sete equipos de medición co que imos conseguir que eses equipos que son intelixentes dan en tempo real os consumos que pasan por eles en cada momento. Así poderemos localizar calquera posible avaría ou fuga na rede nun tempo moito menor do que o estabamos conseguindo ata agora”.
O conselleiro burelés subliñou que “a rede de Burela é moi eficiente, unha das máis eficientes de Galicia, pero penso que con este paso e localizando as avarías e as posibles fugas con moita máis antelación imos conseguir que o rendemento de augas sexa moito mellor.
Colocáronse os sete equipos sectorizando todas as zonas de Burela, desde Vilar e Pomeda ata a zona do Cantiño, e ademais tamén metemos un contador xeral na entrada de Burela, na auga que nos ven desde A Senra, para ter un maior control da auga que realmente estamos consumindo e evitar pagar por unha posible fuga que houbera entre A Senra e a entrada de auga en Burela, unha cousa que non sería en principio responsabilidade do servizo de augas de Burela, para ter controlada ese tipo de situacións que xa non é a primeira vez que se dá”.
Fernández Rey engadiu que “é unha obra que non se ve, pero que é importantísima e que tal e como está o tema medioambiental no tema da auga que parece que é un ben inesgotable, pero que cada vez vemos que hai máis falta de auga en todo o mundo, aquí con este tipo de obras imos conseguir unha eficiencia moitísimo mellor e evitar que se tire auga en fugas que antes tardabamos días, incluso semanas, en detectar. Agora poderá facerse con moita máis rapidez porque estes contadores que van por zonas van detectar rapidamente cando haxa unha variación de consumo en calquera das zonas que están medidas. É unha obra da que estamos contentos e agradecemos que nos deran esta subvención para facela”.
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, dixo: “é un tema importantísimo para o presente xa pero para o futuro aínda máis de ter controlado o consumo da auga que vai ser un recurso moi demandado, moi necesario e non vai ser tremendamente abundante, polo tanto hai que pensar en facer cousas xa agora para o futuro, telas planificadas, telas organizadas e telas en conta a ver que vai suceder. Agora mesmo, xa pensando incluso na coherencia ou no propósito que ten o Concello de Burela, que non é outro que acadar os obxectivos marcados pola ONU con respecto ao 2030 que estamos metidos como Concello polo clima e pola enerxía, entón estamos traballando tamén nestes temas como é o da xestión integral da auga, onde imos ter a oportunidade de sinalizar aqueles puntos onde poida haber fugas ou consumo excesivo.
Penso que será algo interesante, moi práctico e que traerá como consecuencia unha mellora substancial neste servizo de auga”.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



