A Coruña, 17 de outubro de 2021. O delegado do Goberno, José Miñones, reiterou o compromiso do Executivo cos gobernos locais e cos servizos públicos municipais e, en concreto, coa modernización e dixitalización da administración local, á que destinará 392 millóns de euros procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Esta cantidade facilitará ás entidades locais incorporarse ao proceso de transformación dixital das Administracións Públicas, cumprindo co marcado no compoñente 11 do Plan de Recuperación e tamén co recollido na Axenda España Dixital 2025.
José Miñones animou a concellos a optar a estas axudas e avanzou que o Ministerio de Política Territorial publicará nas vindeiras semanas a primeira orde que contará cun orzamento de 92,7 millóns de euros. Esta próxima convocatoria irá destinada aos municipios con máis de 50.000 habitantes e capitais de provincia. En 2022 e 2023, as axudas, ata alcanzar os 392 millóns de euros, contemplarán todos os municipios, “co que os concellos máis pequenos disporán de tempo suficiente para preparar as liñas de traballo e investimentos para poder acceder ás seguintes convocatorias”, indicou.
O delegado do Goberno lembrou que a dixitalización dos servicios municipais é imprescindible para avanzar na mellora dos servizos públicos, xa que permite achegar a administración ao cidadán facéndoa máis aberta e transparente, simplificar e axilizar os procedementos e, en definitiva, gañar en calidade de vida.
Recoñecemento ao papel dos gobernos locais
O delegado remarcou o recoñecemento do Goberno ao papel dos concellos e resto de entidades locais na atención á cidadanía afectada pola crise sanitaria e reivindicou o papel central que lles quere dar o Executivo no proceso de recuperación.
Esta reivindicación ten o seu reflexo no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para o próximo ano en Galicia, que recolle históricas entregas a conta. Así, segundo o orzamento, as entidades locais galegas recibirán 2.050 millóns de euros vinculados ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e 1.228 millóns vinculados á devolución do IVE e ás liquidacións negativas de 2020.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



