Barreiros, 29 de outubro de 2021. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de Medio Rural, Dámaso Ratoeira, visitaron nesta semana as obras que se están a executar para a reposición da ponte da Barranca que dá acceso a numerosos montes da parroquia de San Miguel de Reinante.
A rexedora explicou que a reparación da mesma foi unha prioridade deste goberno desde o primeiro momento, xa que na súa chegada en 2019, xa se atopaba derruída desde había anos e imposibilitaba o acceso en condicións a propiedades e a posibilidade de utilizala en caso de incendio forestal; tratándose dunha vía moi importante, porque vertebra gran parte dos montes desa parroquia.
Os trámites para poder efectuar as obras, que consisten na colocación de marcos prefabricados e a dotación de firme para os mesmos, iniciáronse no 2019 e prolongáronse case dous anos, ao tratarse dunha obra que afecta a unha canle fluvial e ser precisa autorización do ente público Augas de Galicia.
O concelleiro de Medio Rural explicou que “pese a que a obra era de gran urxencia e necesidade, non foi posible acometela antes ao ter que iniciar desde cero os trámites para a súa execución, xa que no 2019 non había feito ningunha xestión, nin proxecto nin previsión económica.” Sinala ademais a “ dificultade para acadar a autorización de Augas de Galicia, ao tratarse de actuacións sobre a propia canle dun regato que precisa de desvío para poder levalas a cabo; así como un momento de realización moi concreto en función do caudal do regato”.
Con esta reparación, que quedará finalizada nesta semana, contarase cun acceso de calidade para a súa utilización en caso de incendio ou outras necesidades forestais. A obra completarase, en canto sexa posible, co arranxo da pista forestal que realizarán as empresas de saca de madeira que operan na zona, en base á colaboración que se ten establecido entre estas e o Concello de Barreiros para a mellora das infraestruturas forestais municipais.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



