Ribadeo, 27 de outubro de 2021. O vindeiro domingo, día 31, conclúe a campaña de recadación de fondos en beneficio do Cabildo da Palma, organizada por 10 asociacións e clubs deportivos de Ribadeo durante o mes de outubro co obxectivo de axudar aos damnificados pola erupción do volcán de Cume Vello. As entidades promotoras desta iniciativa son: Acisa Ribadeo, a Asociación Familiar Amas de Casa de Ribadeo, o equipo de Ximnasia Rítmica de Ribadeo Porta Norte, O Real Club Náutico de Ribadeo, O Motoclub Al Corte, a Asociación Amigos da Gaita Galega de Ribadeo, a asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha, o Ribadeo FC, a Sociedade Deportiva Ribadeo, e os Veteranos do Ribadeo FC.
Os promotores fan unha última chamada á colaboración das veciñas e os veciños de Ribadeo así como ao empresariado: “colaborar es muy sencillo. Hacer una pequeña donación mediante ingreso o transferencia bancaria de lo que cada uno pueda. Por poco que sea, estaremos ayudando a miles de personas que lo están perdiendo todo. Todos los días nos llegan noticias de que la situación está empeorando. Cada vez son más las familias desalojadas, muchas de las cuales lo han perdido todo. Las donaciones se pueden hacer en el número de cuenta bancaria: ES47 2080 0140 1530 4020 1283 de ABANCA, con el concepto: Donación erupción La palma, y destinatario: ACISA RIBADEO (por ser los titulares de la cuenta y los encargados de, posteriormente, realizar la trasferencia de todos los fondos al Cabildo de La Palma). Todas las donaciones tendrán absoluto carácter anónimo”.
A campaña pecharase o domingo e o martes, 2 de novembro, será cando se realice a transferencia ao Cabildo da Palma.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



