Viveiro, 23 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro informa que o próximo luns 25 de outubro dará comezo da intervención arqueolóxica na Cova de San Xoan Vello, en Covas. Este proxecto está promovido polo Concello de Viveiro e Síncrisis, grupo investigación da Universidade de Santiago de Compostela centrado na xeración de coñecemento histórico, histórico-artístico ou filolóxico e á implementación de ideas, técnicas ou modelos de investigación sobre o patrimonio histórico e cultural.
“É a nosa responsabilidade como goberno local impulsar todas aquelas accións que contribúan ao enriquecemento do noso patrimonio e que nos permitan descubrir máis sobre a nosa historia”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
O lugar da intervención está incluído no Inventario de xacementos arqueolóxicos de Galicia coa denominación Cova de San Xoán Vello / A Poceira, con clave de identificación GA27066032, dende xuño de 2017.
Con esta intervención, o Concello de Viveiro desexa actuar no xacemento co obxectivo de proceder á súa documentación, caracterización e investigación, así como á datación dos restos alí conservados e a valoración da potencialidade do xacemento, iniciativa á que responde o presente proxecto.
A actuación prevista inclúe a realización de dúas sondaxes arqueolóxicas, unha na zona da boca da Cova e outra no seu interior, co obxectivo de documentar pavimentos e estruturas vinculadas á igrexa así como a súa posible ábsida.
As sondaxes a realizar terán unhas dimensións aproximadas de 2×2 metros, aínda que o tamaño e disposición das mesmas poderá ser modificado en fase de execución.
Tamén se prevé realizar dúas datacións no caso de atopar morteiros nos muros que presenten un bo estado de conservación para desenvolver este tipo de análises.
O prazo de execución desta intervención é de 4 xornadas para a realización das sondaxes. No caso de que durante a execución desta intervención se produza algún achado, procederase a dar coñecemento ás autoridades competentes na materia.
O xacemento da Cova de San Xoán Vello ábrese nun cantil sobre a ría de Viveiro no lugar da Poceira, parroquia de San Xoán da Cova, de difícil acceso. Sábese que neste lugar atopábase ata mediados do século XVIII [ata 1738 segundo Donapetry (1953)] a igrexa parroquial de San Xoán da Cova, momento no que se trasladou a igrexa á súa actual localización dados os problemas de acceso e de ruína, conservándose na cova o topónimo de San Xoán Vello.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



